Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 141 novas da área temática Portos:

29/01/2024 | 13:39 | C. do Mar

O Porto de Celeiro capea as crecentes restricións á pesca e mantense como gran provedor de peixe de calidade e capturado de forma sostible

Alfonso Villares apunta que unha vintena de barcos da Mariña, ademais doutros con bandeira gala que descargan nos seus portos e na Coruña, vense afectados agora pola veda dun mes decretada de forma unilateral por Francia para protexer aos delfíns

28/01/2024 | 13:02 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a bandeira de Galicia calidade xa ondea en 12 portos deportivos galegos

Asegura que este distintivo revalida o potencial de Galicia como referente do turismo náutico en España e contribúe a xerar unha oferta turística sustentable e competitiva

15/01/2024 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña abordan a adxudicación do proxecto para construír a estrutura flotante destinada á náutica e ao deporte no Parrote

A Autoridade Portuaria formalizou a adxudicación da redacción do proxecto, coa previsión de entregarllo á Xunta en maio para licitar os traballos e rematalos no verán de 2025

29/12/2023 | 15:52 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
28/12/2023 | 16:43 | C. do Mar

O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Corcubión para abordar as necesidades en materia pesqueira e portuaria dos seus profesionais

Alfonso Villares enmarcou este encontro dentro da rolda de visitas que o seu departamento vén realizando para coñecer de xeito directo as demandas dos usuarios dos 122 peiraos autonómicos

26/12/2023 | 11:44 | C. do Mar

A Xunta somete a información pública o novo documento de delimitación de espazos e usos portuarios de Sanxenxo

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución de Portos de Galicia pola que se inicia o procedemento que contempla un prazo de dous meses para a presentación de alegacións polas persoas interesadas