Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

23/09/2026 | 15:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 30.000 euros na mellora dos Colexios Pintor Antonio Fernández e Plurilíngüe de Tebra, en Tomiño

O delegado territorial visitou hoxe os centros educativos deste concello para comprobar o resultado das actuacións realizadas para mellorar as súas instalacións

23/09/2026 | 15:00 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta que o incremento das listas de espera causado polo Estatuto Marco é responsabilidade directa do Goberno central, que ten na súa man evitar a folga indefinida de facultativos

O conselleiro de Sanidade lamenta que a falta de diálogo do Ministerio de Sanidade co colectivo médico se traduza nunha “pésima noticia para os pacientes”

23/09/2026 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a declaración de interese autonómico do proxecto de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

O obxectivo é dispoñer canto antes dos terreos necesarios para a ampliación e renovación do hospital, incluíndo as actuacións de urbanización, accesos e mobilidade

23/09/2026 | 14:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta amplía o ensaio de limpeza da muralla con bioherbicidas ao tramo completo entre a Porta Falsa e a de Bispo Odoario

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, subliña que os resultados invitan a triplicar a superficie da pasada campaña e estender o tratamento no 25% da superficie exterior do monumento

23/09/2026 | 14:45 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia a irresponsabilidade do Goberno central e a mala xestión da situación dos menores que permanecen en Ceuta

Alerta de que o sistema de protección da infancia está “ao límite” e que Galicia non ten recursos para “seguir acollendo con esta intensidade”, tras recibir a 150 no último ano pese ao recorte do 82% do financiamento

23/09/2026 | 14:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta continúa o seu diálogo con concellos e outros axentes do ecosistema de I+G+I para impulsar a innovación no eido local

O Plan Local de I+D+i incluirá información sobre modelos de gobernanza, instrumentos de innovación, casos de éxito, fontes de financiamento e modelos de plans para que cada concello poida adaptalo á súa realidade

23/09/2026 | 14:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Galicia conta cunha estratexia de acción climática integral e transversal que sitúa a comunidade á vangarda contra o quecemento global

Ángeles Vázquez lembra que esta estratexia xa está tendo resultados ao ser Galicia unha das rexións europeas, e a primeira a nivel nacional, que máis logrou reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro respecto a 1990

23/09/2026 | 13:51 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca o peso de Galicia no sector vitivinícola español e o apoio da Xunta para facer fronte aos retos dun eido clave para o rural

Salienta que a comunidade conta con 10.000 produtores e máis de 440 adegas que representan o 1,4% do PIB galego