Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 484 novas da área temática Emigración:

22/08/2023 | 14:43 | Secretaría Xeral de Emigración

Galicia e Castela e León actualizan as súas accións conxuntas de apoio aos cidadáns do exterior e ao retorno

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o seu homólogo na Junta de Castilla y León, Fernando Rubio, mantiveron unha reunión de traballo para analizar cuestións como a promoción do Camiño de Santiago a través dos centros do exterior e o apoio aos cidadáns de ambas comunidades residentes noutro país

31/07/2023 | 13:25 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración convoca o programa “Reencontros con Galicia” para 119 galegos do exterior, vinculados ás entidades de América

O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de facilitar o seu contacto coa realidade galega e cos seus familiares en Galicia

30/07/2023 | 14:33 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Os mozos e mozas do programa Conecta co Camiño de Emigración rematan a súa andaina ante a Catedral de Santiago de Compostela

Este programa permitiu que 50 galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado realizaran o Camiño Portugués pola Costa e coñeceran aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego

29/07/2023 | 11:19 | Secretaría Xeral de Emigración ; C. de Política Social e Igualdade

Chegan a Galicia os mozos e mozas do exterior que participan na segunda quenda do programa Conecta con Galicia de Emigración

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, se desenvolve no albergue de Gandarío ata o próximo 11 de agosto e ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual

27/07/2023 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta lanza o programa Retorna Talento FP con 1 M€ para que 108 mozos do exterior cursen Formación profesional en Galicia o próximo curso

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, subliña que o obxectivo é “atraer galegos do exterior para que se formen en Galicia e se incorporen ao noso mercado laboral”

24/07/2023 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García inicia unha viaxe institucional por América Latina para colaborar coa atención aos galegos emigrados

Permitirá reforzar o apoio da sociedade galega a aquelas entidades que garanten o coidado e a atención aos galegos emigrados en distintos centros de atención sociosanitaria dos tres países

20/07/2023 | 13:41 | Secretaría Xeral de Emigración

Unha galega retornada do Brasil pon en marcha un centro de formación en idiomas nas Neves apostando pola dinamización do ámbito rural

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, visitaron hoxe a academia de inglés e portugués que esta emprendedora instalou neste concello do Condado-Paradanta

20/07/2023 | 11:52 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda e Ortiz reciben aos galegos do exterior participantes no programa Conecta co Camiño

O secretario xeral da Emigración e a delegada da Xunta en Vigo deron a benvida aos 50 mozos e mozas procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil que desfrutarán desta iniciativa