Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 417 novas da área temática Urbanismo:

06/03/2023 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
28/02/2023 | 19:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aclara aos concellos o concepto de acceso rodado de uso público de cara á edificación en solo rural e á concesión de títulos habilitantes en rústico

Tamén explica que en solo de núcleo rural é posible constituír un réxime de propiedade horizontal, tal e como se estableceu na Circular de vivendas colectivas para o solo rústico

26/02/2023 | 11:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e o Concello de Crecente avogan pola colaboración para garantir un uso sostible e ordenado do territorio

Durante un encontro recente revisaron os diferentes núcleos de poboación, espazos protexidos e infraestruturas do municipio, analizando as súas singularidades urbanísticas

21/02/2023 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello da Merca avanzan no proxecto para acadar unha mellor integración paisaxística da contorna de Santa Eulalia de Parderrubias

A obra, cun orzamento estimado de máis de 100.000 €, podería encaixar nos obxectivos do plan Hurbe, un programa impulsado pola Xunta co fin de axudar ás administracións locais a financiar este tipo de proxectos

20/02/2023 | 12:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta presenta ao tecido empresarial de Coristanco o Plan que permitirá desenvolver o primeiro polígono industrial do municipio

Tras salientar que o proxecto está avalado por un estudo de demanda realizado polo concello, Ángeles Vázquez subliña a localización estratéxica do novo ámbito empresarial, no enlace entre a AC-552 e a AG-55 e próximo ao polígono de Bértoa

16/02/2023 | 19:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca de Vigo impulsan a urbanización dun millón de metros cadrados para avanzar na ampliación prevista da Plisan

A previsión é que, unha vez aprobada a modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais, o Instituto Galego da Vivenda e Solo licite conxuntamente o instrumento de ordenación e o proxecto de urbanización

15/02/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora o compromiso do Concello de Boimorto coa protección da paisaxe coa rehabilitación da fachada da residencia da terceira idade da localidade

Estas actuacións foron financiadas con preto de 20.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

13/02/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aproba o plan básico municipal do Páramo no marco do obxectivo de que ningún concello galego estea sen planeamento urbanístico

Ángeles Vázquez salienta que o Goberno galego traballa man a man cos concellos desenvolvendo ferramentas que protexan e poñan en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo da Comunidade

11/02/2023 | 13:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta comeza os obradoiros da campaña 'Eu son inspect@r urbanístic@' para formar ao alumnado dos colexios galegos no coidado e respecto do territorio

Entre xaneiro e xuño, persoal da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística realizará actividades lúdicas e pedagóxicas gratuítas nun total de 26 centros