Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Formación:

28/03/2025 | 15:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa ante un cento de persoas en México das oportunidades de retorno a Galicia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou na súa intervención as bolsas BEME, as de Talento FP e o programa Retorna Cualifica Emprego

28/03/2025 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez apoia en Bruxelas o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo que compite nunha feira científica cun motor de hidróxeno deseñado por eles

O equipo galego, integrado por cinco alumnos de Bacharelato, cunha proposta como alternativa sostible aos combustibles fósiles, mídese con 50 equipos de 15 países

27/03/2025 | 16:52 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón no evento Microsoft AI Tour o software EMi como exemplo da súa aposta pola modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia

O Goberno galego foi convidado pola organización a participar nesta cita na que a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, explicou que EMi se apoia na IA para casar oferta e demanda no mercado laboral

27/03/2025 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha delegación de diferentes comunidades coñece o modelo de I+D+i da FP galega nos centros Eduardo Barreiros de Ourense e As Mercedes de Lugo

A directora xeral de Formación Profesional da Xunta acompaña aos representantes de FP noutras autonomías que participan no Congreso FP Innova que conclúe mañá

27/03/2025 | 13:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o proxecto de inclusión sociolaboral da Asociación Raíña Paraíso que ofrece formación e capacitación en agricultura

O director xeral de Inclusión Social sinalou que esta entidade conta cunha achega de máis de 102.000 euros do Executivo galego para desenvolver diferentes programas

27/03/2025 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta aos centros educativos da área territorial de Ferrol un xogo de mesa sobre emprendemento orientado a alumnado de secundaria

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron no acto que tivo lugar na Delegación Territorial

25/03/2025 | 19:11 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala o Premio literario San Clemente do IES Rosalía de Castro como unha ferramenta de fomento da lectura entre o alumnado

O conselleiro amosa o compromiso da Xunta por reforzar o hábito lector nos centros educativos coa implantación dunha hora de lectura a partir do vindeiro curso

25/03/2025 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o papel das startups cooperativas como modelo de futuro para Galicia

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa no evento "Diálogos Inspiradores: Tecnoloxía, Innovación e Economía Social" onde destaca os instrumentos públicos que impulsan o emprendemento tecnolóxico con impacto social, a través de financiamento, asesoramento e acompañamento integral

25/03/2025 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha trintena de representantes de todos os gobernos autonómicos, do Ministerio e do CSIC participan desde mañá no Congreso FP Innova 2025

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, dálles a benvida esta tarde á cita organizada pola Xunta nunha recepción en Santiago

25/03/2025 | 13:20 | C. do Medio Rural

Medio Rural entregará seis máquinas hidrostáticas polivalentes ao SPIF e a catro mancomunidades municipais da provincia de Ourense

A titular do departamento explicou que se trata de vehículos deseñados pola propia Dirección Xeral de Defensa do Monte e que poden realizar tanto traballos preventivos como de extinción