Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 484 novas da área temática Emigración:

02/07/2023 | 13:18 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda analiza coas entidades galegas en Bos Aires o traballo realizado nos últimos meses en prol da colectividade

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos centros galegos de Arxentina aos que agradeceu, xunto á Delegación da Xunta en Bos Aires, a aten-ción prestada aos residentes no país así como o traballo en prol da difusión da nosa cultura

01/07/2023 | 11:05 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda mantén un encontro cos directivos da Casa de España en Río de Xaneiro, aos que agradeceu a colaboración para a atención social dos galegos residentes nesta localidade brasileira

A Secretaría Xeral da Emigración destina 25.000 euros a esta entidade co obxec-tivo de apoiar a súa oficina de información e asesoramento así como o seu centro de día para maiores

30/06/2023 | 23:01 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o “novo rexurdimento” dunha Galicia que recibe coas portas abertas a todos os que a queiran visitar, vivir ou investir nela

Incide en que a Estratexia Galicia Retorna é unha aposta de país, dirixida a facilitar o regreso dos galegos no exterior, que está a ser un auténtico referente para outras comunidades de España

25/06/2023 | 18:10 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración celebra cos galegos do Reino Unido o Día de Galicia no Instituto Cañada Blanch

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a labor da colectividade galega neste país en prol de manter a nosa cultura entre as novas xeracións

20/06/2023 | 14:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración renova a colaboración coa Asociación de Emigrantes Retornados en Galicia (AJERGA) co obxectivo de continuar a facilitar a integración dos bolseiros BEME

A Secretaría Xeral da Emigración destina 15.000 euros a esta entidade co obxectivo de colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución de accións de asesoramento a mozos e mozas retornados, organización de actividades formativas, culturais e sociais para a mocidade, así como a difusión e promoción das mesmas en Galicia e no exterior