Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 480 novas da área temática Dixital:

12/09/2023 | 11:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 3 ofertas para executar o Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas

Os traballos, licitados por máis de 6 M€, permitirán construír este novo centro na parcela 3E da Tecnópole, cunha superficie útil de máis de 2.100 m²

09/09/2023 | 11:40 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 300 rapaces e rapazas participaron no programa de obradoiros de verán “Girl STEAM” para fomentar as vocacións TIC

A iniciativa, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, rematou esta semana tras celebrar 14 obradoiros na Rede CeMIT e dúas xornadas para incentivar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM

08/09/2023 | 15:01 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda co clúster TIC novas vías de colaboración para impulsar a transformación dixital da industria galega

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes desta entidade, coa que a Xunta coopera tamén en eidos como a internacionalización ou a formación

31/08/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
29/08/2023 | 16:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta axiliza a construción no Gaiás do primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia adxudicando a súa construción nun prazo máximo de 24 meses

Galicia contará en 2025 cun centro de referencia en España na produción e exhibición de proxectos culturais dixitais de máximo nivel

21/08/2023 | 11:50 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta convoca as axudas para a difusión e fomento do uso do software e o hardware libre en Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 60.000 euros, dirixida ás asociacións galegas de persoas usuarias de software libre

17/08/2023 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a execución do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de máis de 6 M€

O Goberno galego prevé comezar as obras a principios do 2024 e poñer en marcha o novo centro en 2025, xa que os traballos teñen un prazo de 20 meses

12/08/2023 | 14:47 | C. de Economía e Industria

O luns finaliza o prazo de solicitude de axudas da Xunta para dar continuidade ao labor dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia

Esta liña de apoios diríxese aos sete centros tecnolóxicos de Galicia e aos dous centros de apoio á innovación tecnolóxica que figuran no rexistro estatal do Ministerio de Ciencia e Innovación e que son un referente en España pola súa especialización, posicionamento e competitividade