Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 990 novas da área temática Vivenda:

21/05/2025 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue exixe que se garanta o carácter social das vivendas protexidas de Xuxán, na Coruña

Allegue sinalou que a Xunta remitiu 4 cartas á ministra de Vivenda e Axenda Urbana para pedir explicacións sobre as modificacións no préstamo que o Ministerio conveniou co ICO e que obrigaría aos socios da cooperativa Galivivienda a aportar unha cota que desvirtuaría o carácter social das vivendas protexidas

21/05/2025 | 14:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia que a Xunta xa está resolvendo as primeiras solicitudes do Bono Emancípate para a mocidade

O responsable de Xuventude do Goberno galego subliña o “éxito” desta iniciativa, “como reflicten as 3.700 peticións recibidas, 1.300 no día da apertura do prazo”

20/05/2025 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 17 ofertas para a redacción do proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos e temporais para a mocidade en Vigo

O inmoble, que albergará 80 aloxamentos, é unha das medidas da Xunta para garantir que a mocidade poida comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades

20/05/2025 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico que facilitarán solo en 7 concellos para 15.000 novas vivendas

Trátase dos contratos para a redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PiA) dos primeiros ámbitos seleccionados pola Xunta para desenvolver solo residencial nos concellos da Coruña, Santiago, Arteixo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

20/05/2025 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/05/2025 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda asina en Pontevedra un convenio que permitirá a construción de 118 novas vivendas públicas máis no concello

As novas promocións veñen complementar un conxunto de actuacións que inclúe xa 132 vivendas entregadas e 182 en marcha, para un total de 432 vivendas públicas neste ámbito urbano

19/05/2025 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 252.000 euros as obras para a reforma da contorna do edificio do mercado, no concello de Oia

A intervención enmárcase no Plan Hurbe e suporá a remodelación da zona contigua ao edificio do mercado, mediante a intervención nos acabados, mobiliario, sinalizacións e iluminación, cun deseño integrado e respectuoso coa contorna

19/05/2025 | 14:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 5,7 M€ a un novo programa para impulsar que 1.300 vivendas de titularidade privada entren no mercado de alugueiro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, salienta que os propietarios poderán recibir “ata 16.000 €” en axudas para reformas ou seguros

16/05/2025 | 16:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 75 vivendas en Navia, Vigo

A licitación deste contrato, financiado integramente con fondos propios da Xunta, rolda os 680.000 euros