Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

04/12/2023 | 14:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta o potencial de Punta Langosteira para converterse nun referente industrial, loxístico e da transición enerxética de toda Europa

Defende a eólica mariña como unha “oportunidade” deste porto para seguir medrando, polo que lle reclama ao Goberno central que manteña o apoio á plataforma experimental para este lugar tal e como se ten comprometido
 

04/12/2023 | 13:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa en Vilaboa da nova convocatoria do Bono Enerxía Peme

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a Rectoral de Cobres, beneficiaria do programa

04/12/2023 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense anuncia unha nova convocatoria do Bono Enerxía Peme

O delegado territorial anunciou que o vindeiro 10 de xaneiro abrirá o prazo de solicitudes da nova convocatoria do programa Bono Enerxía Peme,
que contempla 3 M€ para facilitar a mellora das instalacións enerxéticas de ao redor de 700 pemes e autónomos

30/11/2023 | 16:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende o importante papel das comunidades enerxéticas para que Galicia acade os seus obxectivos en canto a uso e aproveitamento de renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela nas xornadas ‘Comunidades enerxéticas na xestión pública’

30/11/2023 | 16:28 | A Presidencia da Xunta

Rueda compromete o apoio do Goberno galego ao sector do metal para potenciar o seu crecemento e diversificación con actividades como a eólica mariña

Asegurou que o tecido económico contará coa man tendida do Goberno autonómico, ao poñer como exemplo a inauguración o vindeiro ano da Oficina Económica de Galicia para “centralizar todos os trámites que correspondan coa Xunta”

28/11/2023 | 18:46 | C. do Mar

A Xunta pon en valor o papel do porto de Ferrol na estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 e como faro verde do sistema portuario español

Alfonso Villares enxalzou o traballo que se ven realizando nos últimos anos no porto ferrolán para xerar na dársena un ecosistema entorno ás enerxías renovables e a transformación sustentable

27/11/2023 | 13:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana apela a seguir polo camiño do diálogo e o debate sosegado para o desenvolvemento en Galicia da eólica mariña

Remarca que, para o Goberno galego, a eólica mariña ten que abrirse paso conciliando as fortalezas de Galicia neste eido cos intereses do sector marítimo-pesqueiro

24/11/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve en Genesal Energy un exemplo de empresa implicada na transición enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora do Igape, Covadonga Toca visitaron as instalacións da compañía en Bergondo (A Coruña)

22/11/2023 | 12:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por adoptar un papel de liderado para fomentar comunidades enerxéticas e impulsar a transición cara a un modelo descarbonizado

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Ames no acto de apertura dun foro sobre comunidades enerxéticas