Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana destaca que a bandeira de Galicia calidade xa ondea en 12 portos deportivos galegos
Asegura que este distintivo revalida o potencial de Galicia como referente do turismo náutico en España e contribúe a xerar unha oferta turística sustentable e competitiva
A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña abordan a adxudicación do proxecto para construír a estrutura flotante destinada á náutica e ao deporte no Parrote
A Autoridade Portuaria formalizou a adxudicación da redacción do proxecto, coa previsión de entregarllo á Xunta en maio para licitar os traballos e rematalos no verán de 2025
Rueda destaca o proxecto “Abrir Ferrol ao Mar” como medio para recuperar a fachada marítima da cidade
O acordo está presupostado en un investimento conxunto de 11M€
O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Corcubión para abordar as necesidades en materia pesqueira e portuaria dos seus profesionais
Alfonso Villares enmarcou este encontro dentro da rolda de visitas que o seu departamento vén realizando para coñecer de xeito directo as demandas dos usuarios dos 122 peiraos autonómicos
A Xunta somete a información pública o novo documento de delimitación de espazos e usos portuarios de Sanxenxo
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución de Portos de Galicia pola que se inicia o procedemento que contempla un prazo de dous meses para a presentación de alegacións polas persoas interesadas
Os proxectos para a modernización de buques acadan un novo máximo con 85 axudas concedidas este ano por máis dun millón e medio de euros
Antonio Basanta detalla que se ampliou o crédito inicial debido ao importante número de solicitudes presentadas para actuacións que melloran as condicións a bordo, a eficiencia enerxética e motriz e que as que aumentan o valor engadido nas frotas