Actualidade
Buscador de novas
A mellora das reservas de auga permite recuperar a normalidade e desactivar a prealerta por escaseza no sistema de abastecemento do Lérez e no do río Grande, ría de Camariñas e costa da Coruña ata o río Anllóns
As chuvias da terceira semana de outubro produciron un incremento importante dos caudais circulantes, a nivel xeneralizado, prevéndose que continúe este ascenso coas precipitacións que se agardan para as vindeiras semanas
Ethel Vázquez adianta que os veciños de Coristanco verán asegurado o abastecemento de auga cunha nova captación que suporá un investimento de 508.000 €
Vázquez Mourelle sinala que esta nova actuación xa está recollida nos Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano, o que permitirá avanzar na obra que dará servizo a unha poboación de 5.880 habitantes en 2046
A Xunta trasládalle aos concellos da comarca de Bergantiños a mellora da situación das reservas de auga como consecuencia das últimas chuvias
A Oficina Técnica da Seca acordou na última reunión activar este estado de alerta por escaseza de auga nestes municipios, tras avaliar os indicadores meteorolóxicos e hidrolóxicos
A Xunta licita a redacción do proxecto da nova depuradora de Outeiro de Rei, que procurará a neutralidade enerxética
Vázquez Mourelle incide nos máis de 20 anos da actual planta, na que moitos dos elementos quedaron obsoletos e infradimensionados, tendo en conta o crecemento de poboación que desde 2009, medrou un 7,5%, preto de 400 habitantes máis
A Xunta recibe seis ofertas para executar as obras de mellora da estación de tratamento de auga potable de Noia, que suporá un investimento de 1,3 M€
Trátase de modernizar a planta e ampliar a capacidade actual da potabilizadora para dar servizo a ata 24.000 habitantes
A Xunta aconsella aos concellos da área da Coruña axilizar a elaboración dos seus Plans de emerxencia fronte á seca para anticipar medidas de control e aforro da auga
Ratifícase que as reservas do encoro de Cecebre seguen baixando, cunha ocupación actual do 45,57 %, aínda que a existencia próxima da reserva de auga do lago das Encrobas descarta problemas de abastecemento
A Xunta somete a información pública a solicitude de autorización para a depuración das augas residuais industriais da mina de Touro
O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública esta petición de autorización por parte da empresa titular da concesión
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Santa Margarida, no concello de Mondoñedo
Estes traballos desenvólvense no percorrido do río por distintos lugares da parroquia dos Remedios
Augas de Galicia impulsa ferramentas de intelixencia artificial para mellorar a información ao cidadán e para crear un xemelgo dixital dos ríos da conca hidrográfica
A Xunta convida ás empresas tecnolóxicas, universidades e centros de investigación a presentar propostas innovadoras para desenvolver ao abeiro do proxecto AugaTech, que conta cun orzamento de 5 M€
O delegado visita Vilanova de Arousa, onde arrancará a obra dunha nova senda peonil de máis de un quilómetro
As obras realizaranse na marxe dereitas das estradas PO-302 e PO-306