Actualidade
Buscador de novas
A Xunta celebrará en Galicia a finais de setembro o Consello de Comunidades Galegas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, no que se estableceron os relatorios que serán obxecto de traballo neste encontro e que estarán centrados nos eidos da galeguidade, a cultura, o ámbito social e o retorno
A Xunta presentará en Suíza, o país europeo con maior colectividade galega, a estratexia Galicia Retorna
O secretario xeral da Emigración explicará esta fin de semana en Xenebra e Zurich as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior
Emigración recolle as impresións sobre o retorno dos bolseiros Beme que están a cursar un mestrado na UVigo
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríugez Miranda, e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias mantiveron un encontro con estes alumnos que se benefician dunha das liñas de apoio ao retorno que forman parte da Estratexia Galicia Retorna
Emigración leva ao Uruguai a campaña de presentación da nova estratexia Galicia Retorna 2026, que aposta fortemente polo ámbito laboral
O secretario xeral da Emigración, xunto á delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, explicaron no Centro Gallego de Montevideo as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegos do exterior
Emigración entrega 30 distincións aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 no Uruguai
O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o acto no que se entregaron 12 compostelas aos galegos residentes en Montevideo que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo
Emigración entrega na Arxentina 80 distincións aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022
O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o acto no que se entregaron 39 compostelas aos galegos residentes en Arxentina que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo
A Xunta leva a exposición ‘El Camino de Santiago’ á Lexislatura da provincia de Córdoba
O secretario xeral da Emigración inaugurou esta mostra con fotografías de Manuel Valcárcel que permite achegar a Arxentina a experiencia da peregrinación a Compostela
Miranda viaxa a Arxentina e Uruguai para achegar as novidades da nova estratexia Galicia retorna aos galegos residentes en ambos países
O secretario xeral da Emigración aproveitará a viaxe tamén para inaugurar unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago en Córdoba e para entregar diplomas aos galegos que participaron o ano pasado nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo