Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 693 novas da área temática Goberno galego:

30/09/2024 | 16:13 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o liderado de Galicia no naval e a industria pesqueira ao apostar pola innovación e sustentabilidade como claves para o seu futuro

Asegurou que o novo barco construído polo estaleiro Nodosa para Pescapuerta é un exemplo da marca Galicia Calidade 

29/09/2024 | 12:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a sociedade Recursos de Galicia creará unha comercializadora para abaratar e descarbonizar o consumo de enerxía

Asegura que o obxectivo é que estea en marcha a principios do ano que vén, e que oferte “unha enerxía 100% renovable por un prezo substancialmente por debaixo de mercado”

28/09/2024 | 13:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebrará na Ribeira Sacra un congreso internacional para impulsar a súa candidatura a Patrimonio Mundial

O parador de Santo Estevo, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, acollerá este encontro os días  27, 28 e 29 do vindeiro mes de outubro

26/09/2024 | 13:19 | A Presidencia da Xunta

Rueda e o seu Executivo reuniranse esta fin de semana en Sober para avanzar nos próximos fitos da acción de Goberno e as liñas estratéxicas da lexislatura

O obxectivo é reforzar a coordinación entre departamentos, fixar obxectivos a curto e longo prazo e definir as prioridades en cada área

21/09/2024 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/09/2024 | 17:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda reclama a Pedro Sánchez avances nas infraestruturas de transporte, financiamento para proxectos industriais e traspaso de competencias

Reclama que se convoque canto antes a Comisión Mixta de Transferencias para que o Estado traspase o persoal e medios materiais necesarios para a xestión do litoral

19/09/2024 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

As conselleiras Angeles Vázquez e María Martínez Allegue asisten na Coruña ao encontro anual da asociación APECCO

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxo en valor ante o sector a colaboración público-privada “para achegar respostas ás necesidades da sociedade”

18/09/2024 | 13:27 | A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a cooperación Galicia-Norte de Portugal no eido da investigación e o coñecemento como exemplo da irmandade entre territorios

Definiu a ambos territorios como un dos espazos máis dinámicos de cooperación dentro da Unión Europea