Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.868 novas da área temática Áreas temáticas:

22/09/2026 | 14:44 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca que a nova lei de incendios porá o mapa de risco como base para identificar zonas estratéxicas e adaptar a prevención a cada territorio

A titular de Medio Rural sinala que se trata de concretar as áreas de alto risco e aquelas nas que será necesaria unha xestión estratéxica específica

22/09/2026 | 14:40 | C. de Sanidade

O xerente do Servizo Galego de Saúde salienta a solidariedade da cidadanía, que situou Galicia como a terceira comunidade con maior taxa de doazón de sangue en 2025

Luis León lembra que en 2025 Galicia acadou unha taxa de doazón de sangue cun índice de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, cinco puntos por riba da media estatal

22/09/2026 | 14:39 | Axencia de Turismo de Galicia

Ana Ortiz anima á cidadanía a participar na nova edición do Outono Gastronómico con 18 establecementos de turismo rural

A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou o Pazo da Escola, en Gondomar, un dos participantes na proposta de Turismo de Galicia para impulsar o sector

22/09/2026 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lamenta a falta de rigor do estudo de viabilidade do Goberno central para rexeitar a migración da rede ferroviaria galega ao ancho internacional

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, compareceu no Parlamento de Galicia a petición propia para analizar o estado do transporte público galego

22/09/2026 | 14:32 | Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo sitúa ao termalismo como parte do patrimonio, da economía e do futuro de Galicia

O delegado da Xunta afirmou que investir no termalismo é tamén investir no territorio; e salientou que se trata de apoiar unha actividade profundamente ligada ás nosas vilas e cidades termais, favorecer a súa capacidade para xerar actividade económica e emprego e proxectar Galicia cara ao exterior

22/09/2026 | 14:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo destaca o investimento preto de 500.000€ no obradoiro Renova Verde de Ames e Brión no que se formará a 19 desempregados para mellorar a súa empregabilidade

A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter un certificado de profesionalidade en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

22/09/2026 | 14:28 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca que as obras de mellora da escola infantil de Oroso se enmarcan no compromiso da Xunta coa infancia

O Goberno galego investiu 150.000 euros na creación dun parque exterior e en actuación no interior deste equipamento

22/09/2026 | 14:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta promove a cultura da prevención desde a infancia a través do novo espazo educativo do Issga na delegación territorial de Pontevedra

José González visitou unha iniciativa que permite ao alumnado aprender a identificar riscos, adquirir hábitos seguros e incorporar coñecementos útiles para a súa seguridade, benestar e autonomía ao longo da vida

22/09/2026 | 13:43 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rematan as obras de ampliación da escola infantil de Palas de Rei, financiadas pola Xunta con 47.500 euros

Villares comprobou o resultado da actuación, que permitirá aumentar a capacidade do centro ao pasar de 30 a 39 prazas