Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.407 novas da área temática Emprego:

09/09/2025 | 14:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta entrega os diplomas ao alumnado do obradoiro dual de emprego compartido por Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na clausura do taller, financiado pola Administración autonómica con 412.000 euros e centrado na especialidade de xardinería

09/09/2025 | 13:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta ofrece bolsas para cursar un máster a titulados universitarios en desemprego

As axudas, que o curso pasado beneficiaron a 105 estudantes, poden solicitarse ata o 6 de outubro e cobren o importe das materias matriculadas ata un máximo de 60 créditos

08/09/2025 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o obradoiro de emprego dual cos concellos de Valga, Moraña e Portas para avanzar na empregabilidade do sector forestal e da carpintaría

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe no acto de clausura do obradoiro ao que o Goberno galego destinou 412.000 € 

05/09/2025 | 15:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investiu preto de 1,7 M€ nos obradoiros duais de emprego na comarca do Salnés

A provincia de Pontevedra contou con 20 obradoiros duais de emprego que formaron a preto de 400 persoas desempregadas grazas a un orzamento de máis de 8 millóns de euros

05/09/2025 | 13:46 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia consolídase entre as comunidades autónomas nas que máis medra o emprego en I+D no último ano

Un informe da Fundación Cotec para la Innovación coloca a Galicia en terceira posición en España cun aumento do 6,3% no último ano fronte a media estatal do 4%

05/09/2025 | 11:49 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta clausura o programa integrado de emprego da mancomunidade de concellos de Ferrol que logrou a inserción laboral do 38% das súas participantes

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá ás participantes do último curso formativo sobre capacidade emprendedora que se impartirá ao abeiro deste programa

05/09/2025 | 11:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza en Ourense a atención directa á cidadanía afectada polos lumes e subliña as axudas abertas para o tecido autónomo e empresarial

José González explicou que o de Verín é un dos 11 puntos de atención dispoñibles en Ourense que ofrecen asistencia presencial co obxectivo de estar preto da cidadanía e garantir un apoio rápido, áxil e eficaz

05/09/2025 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta beneficiou coas axudas deste ano para apoiar a dixitalización, innovación e sustentabilidade case o dobre de comercios e obradoiros artesáns ca en 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, compareceu hoxe no Parlamento para facer balance destas axudas unificadas, poñendo de relevo que case se duplicou tamén o investimento con respecto ao ano pasado, roldando os 4 M€

04/09/2025 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta desenvolve en 2025 preto dunha trintena de campañas de prevención no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo: horizonte 2027

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, compareceu por petición propia no Parlamento para informar do desenvolvemento dos programas que impulsa o organismo