Actualidade
Buscador de novas
A Xunta investirá 1,1 M€ para renovar por completo as instalacións do Colexio O Seixo, en Marín
O conselleiro de Educación visita o centro para presentar o proxecto de rehabilitación integral, que se licita este mesmo ano para executalo en 2026
A Xunta colabora co Concello do Valadouro na humanización da praza de Santa María en Ferreira, que suporá un investimento de 220.000€
A través desta actuación, mellorarase parte desta praza, con intervencións para facilitar a circulación peonil, ademais da disposición de beirarrúas, instalación de mobiliario urbano e a limpeza do cruceiro, entre outras
Rueda sinala a humanización da avenida de Fisterra en Carballo como exemplo do compromiso da Xunta cunhas infraestruturas viarias accesibles e seguras
Salienta que o Goberno autonómico achegará 1,4 M€, o 70% do custe, para transformar a avenida nun espazo de convivencia e desfrute da cidadanía
Belén do Campo supervisa as obras de reforzo de firme na estrada AC-196 ao seu paso por Outes e Noia que contan cun investimento de preto de 400.000€
A delegada da Xunta visitou as zonas que se arranxarán nesta estrada para garantir a súa funcionalidade e seguridade viaria
Galicia defende ante o foro do Corredor Atlántico en Bruxelas que non se relegue o AVE Vigo-Porto
No marco do encontro, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes trasladoulle ao novo coordinador europeo do Corredor Atlántico, François Bausch, a situación actual en Galicia respecto ao Corredor Atlántico e a preocupación da Xunta polo descoñecemento da totalidade das actuacións e do cronograma
A Rede CIGUS logra un novo fito para a I+G+i ao captar un proxecto de 11 M€ que permitirá contratar a 40 investigadores posdoutorais
A Xunta logra por primeira vez fondos europeos do programa Marie Sklodowska-Curie COFUND, que complementará con outros 5,4M€ autonómicos
A Xunta licita as obras de mellora da estrada OU-540, entre Celanova e Bande, ao paso por Verea, que suporán un investimento de 6 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe a licitación desta intervención e establece un prazo de presentación de ofertas ata o vindeiro 15 de decembro
A Xunta adxudica por máis de 138.000 € o cambio das cubertas das unidades de rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo
As obras para evitar filtracións de auga teñen unha duración prevista de 6 semanas
A Xunta investirá 520.000 euros na rehabilitación integral do CEIP Carballal-Cabral
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou o centro escolar no que se realizarán obras de cambio de cuberta, ventás e illamento térmico en 2026
A Xunta instala 13 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no río Mandeo, en Betanzos
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento