Actualidade
Buscador de novas
O delegado visita unha das 21 formacións de árbores senlleiras da provincia para lembrar a convocatoria de axudas da Xunta para a súa mellora e conservación
A Xunta destina un total de 90.000 euros ao coidado e conservación das árbores e formacións senlleiras de Galicia
A Xunta destina o próximo ano máis de 1,6 M€ a axudas para que os concellos melloren os seus puntos limpos fixos ou merquen puntos limpos móbiles
A convocatoria de achegas, que está previsto que se publique no Diario Oficial de Galicia en xaneiro, busca seguir apoiando aos municipios no exercicio das súas competencias en materia de xestión de residuos e ofrecer ao conxunto da cidadanía un servizo máis eficiente e respectuoso co medio ambiente
Galicia viviu un outono climatolóxico cálido e húmido
O avance do informe estacional de MeteoGalicia conclúe que a temperatura media do período se situou 0,3 graos por riba do agardado nesta época, mentres que as chuvias acumuladas superaron nun 10% os valores climáticos de referencia
A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a instalación dunha planta de agrocompostaxe no concello de Tomiño
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta traslada ao sector produtivo e científico as novas oportunidades que abre o proxecto da Lei do clima para avanzar na descarbonización
Paula Uría convida aos colexios oficiais e clústeres dos principais colectivos profesionais implicados neste eido a participar na manifestación de interese aberta para recompilar ideas de cara á posta en marcha do primeiro mercado voluntario de créditos de carbono
A Xunta salienta que o Plan reitor das Fragas do Eume garante a protección do espazo e avanza que negocia a compra de 60 ha máis para aumentar a superficie pública
Ángeles Vázquez cifra en máis de 1,5 M€ o investimento realizado no parque natural desde 2023 e destaca os bos resultados do programa para mercar terreos privados a propietarios interesados, con preto de 100 fincas adquiridas ata o momento
A Xunta reclama ao Goberno central unha sectorial específica e máis coordinación nas medidas sobre a Peste Porcina Africana
O Goberno galego pide a participación dos ministerios de Agricultura e de Transición Ecolóxica nesa reunión coas comunidades autónomas, para coordinar a nivel nacional as actuacións en relación coa loita contra esta doenza
A Xunta convoca por 1,33 M€ axudas dirixidas a entidades locais e protectoras para garantir o coidado dos animais domésticos abandonados
Os interesados poderán solicitar ata o 11 de setembro de 2026 estes incentivos, concibidos para financiar parte dos gastos necesarios para garantir o coidado, a manutención e o benestar dos exemplares que os solicitantes teñan ao seu cargo
A Xunta pon como exemplo en Córdoba a xestión sostible dos parques naturais galegos para conservar a biodiversidade
Marisol Díaz indica que preservar os ecosistemas e as especies autóctonas evita a súa extinción, mantén o equilibrio ecolóxico e mellora a resiliencia ante riscos como fenómenos climáticos extremos, pragas ou incendios