Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.680 novas da área temática Mar:

03/09/2025 | 19:08 | C. do Mar

Villaverde recibe á federación de produtores mexilloeiros da Ría de Arousa para analizar as súas necesidades e estudar liñas de colaboración

A titular de Mar recibiu a representantes da entidade creada este ano e que representa preto do 40% das 3.300 bateas instaladas na comunidade, a maioría concentradas nas Rías Baixas

03/09/2025 | 16:24 | C. do Mar

A Xunta acorda coa Confraría da Coruña un novo estudo de batimetría e insta ao Estado a corrixir as deficiencias na obra de dragaxe da ría do Burgo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro participou nun novo encontro a tres bandas convocado polo pósito no que se volveu a ausentar o Goberno central, promotor da actuación nestes bancos marisqueiros  

03/09/2025 | 14:27 | C. do Mar

Galicia critica que o Ministerio non convocara aínda a Conferencia Sectorial de Pesca para abordar a proposta de Marco Financeiro Plurianual da Comisión

A conselleira do Mar recorda que foi solicitada no mes de xullo por seis comunidades autónomas que son receptoras de máis da metade do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura destinado a España

02/09/2025 | 15:05 | C. do Mar

A Xunta subliña o seu respecto polo criterio técnico na elección do punto de vertido de áridos para a dragaxe do Lérez

José Antonio Álvarez lembrou que a Xunta cumpre coa legalidade vixente que prioriza os usos produtivos devolvéndoos os áridos ao mar ao tratarse de material non contaminante pola baixa concentración de metais pesados confirmada en catro campañas de catas

02/09/2025 | 14:54 | C. do Mar

A Xunta insta ao Goberno central a modificar a lexislación nacional e acadar un recoñecemento análogo ás OPP para as confrarías a nivel comunitario

Esta medida facilitaría aos 63 pósitos galegos, que representan a máis de 10.100 profesionais, acceder a financiamento europeo no marco dos seus respectivos plans de produción e comercialización

02/09/2025 | 13:06 | C. do Mar

A Xunta destaca a traxectoria do Cetmar como eixo de innovación e investigación no ámbito marítimo pesqueiro

Rosa Chapela destacou que apostar polo Cetmar é investir no futuro do mar de Galicia, na súa xente, na súa economía e na súa identidade

02/09/2025 | 12:59 | C. do Mar

Villaverde aborda coa confraría de Vilaboa as necesidades do sector e analiza o desenvolvemento de novas medias de reforzo da actividade pesqueira

A responsable autonómica puxo en valor a colaboración do pósito coa Xunta que permitiu a realización de iniciativas co obxectivo de mellorar os equipamentos portuarios ou a rexeneración dos bancos marisqueiros

01/09/2025 | 16:06 | C. do Mar

A Xunta reforza a investigación sobre o cultivo de mexillón co proxecto ‘BATEAS’

A Consellería do Mar, a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, desenvolve esta iniciativa que busca analizar os cambios na produción de mexillón e ofrecer ferramentas útiles ao sector

29/08/2025 | 17:33 | C. do Mar

A Xunta e o CB Breogán colaboran na promoción dos produtos do mar da man da campaña autonómica ‘GALICIA SABE AMAR’

O Goberno galego patrocina o encontro de inicio da preparación da nova tempada que enfrontará ao equipo lucense co FC Porto, actual subcampión da Liga portuguesa