Actualidade
Buscador de novas
Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral
A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral
A Xunta de Galicia ultima a contratación do servizo de limpeza dos portos autonómicos durante 2 anos por 9,6 millóns de euros
José Antonio Álvarez informou de que a licitación, que contempla a posibilidade de prórroga por 2 anualidades máis ata un valor total de 19,2 millóns, atópase en fase de proposta de adxudicación
A Xunta lembra que as obras de mellora de abrigo do porto de San Adrián de Cobres están á espera de informe do goberno central dende hai máis de 8 meses
O proxecto atópase en tramitación ambiental, pendente de resposta de Costas do Estado dende o pasado 16 de febreiro
Portos de Galicia aproba os documentos de delimitación de espazos e usos portuarios de oito peiraos coruñeses
Os portos beneficiarios son os de Ortigueira-Espasante, Mugardos-O Seixo, Betanzos, Caión e Portocubelo-O Pindo
A Xunta aborda coas confrarías a necesidade dunha aposta firme pola seguridade no traballo como un dos retos para a pesca e o marisqueo de Galicia
Alfonso Villares pechou cunha mesa redonda un encontro con patróns maiores e responsables dos pósitos onde se trataron obxectivos do sector como o regreso a unha produción sustentable no económico, no social e no ambiental
Pechan os bancos marisqueiros de Noia a petición da confraría e ábrese unha veda por causa de forza maior
A xefatura territorial da Coruña publicou unha resolución pola que modifica o plan de xestión de moluscos bivalvos a pé e en embarcación para o período que acaba en 2023
A Xunta recolle nos orzamentos 2024 obras por máis de 1,6 millóns de euros para melloras no porto de Celeiro
Alfonso Villares confirmou que se ampliarán os amarres en pantalán tanto para profesionais como para náutica recreativa e crearanse 70 novas prazas