Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.099 novas da área temática Vivenda:

03/07/2025 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo subliña as axudas de preto de 178.000 € da Xunta para actuacións de mellora da eficiencia enerxética en 62 vivendas na provincia de Ourense

O delegado territorial da Xunta lembrou que a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de lanzar unha nova orde destas achegas cun orzamento global de preto de 2,2 M€, dirixidas a persoas físicas propietarias, arrendatarias ou usufrutuarias das vivendas, e que poden solicitalas antes do 8 de xullo

03/07/2025 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/07/2025 | 15:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 7,9 M€ as obras de rehabilitación de 13 edificios para crear 26 vivendas destinadas a alugueiro accesible en Ferrol, Lugo e Mondoñedo

As actuacións enmárcanse no Programa Rexurbe e os inmobles están emprazados nos conxuntos históricos destes concellos

01/07/2025 | 19:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/07/2025 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/06/2025 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora dos espazos públicos dos núcleos de Meda e Lamalonga, no concello da Veiga, por 150.000 euros

A actuación enmárcase no Plan Hurbe e permitirá a creación dun un parque infantil e unha zona de estancia para os veciños en cada un destes lugares

28/06/2025 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto para construír 54 vivendas públicas en Valdecorvos, no concello de Pontevedra

Trátase do contrato de redacción do proxecto para construír estas novas vivendas públicas na parcela cedida polo Concello localizada no polígono B1 de Valdecorvos, na rúa Prado Novo nº4 por un importe de 447.715 €

26/06/2025 | 13:47 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta presenta ante a Unión Europea o investimento en mellora da accesibilidade á vivenda financiado co FEDER

O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío Tobar, participa en Madrid na reunión de revisión anual de rendemento do FEDER coa Comisión Europea

25/06/2025 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue urxe a Conferencia sectorial de vivenda tras 8 meses sen reunirse para tratar coas comunidades un novo marco estatal consensuado e flexible para vivenda estable

A conselleira afirma que a Xunta non ten recibido nin un borrador do novo Plan de Vivenda cando o anterior 2022-2025 está cumprido pola comunidade ao 98%