Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

17/07/2025 | 15:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o liderado da economía galega grazas á estabilidade política, fiscal e orzamentaria de Galicia

Subliña que o Anuario de Economía 2025 realizado polo Foro Económico de Galicia xa é unha referencia para entender cara onde camiña a economía da rexión

17/07/2025 | 14:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta a contribución do porto de Vigo ás capacidades loxísticas e exportadoras de Galicia

Destaca que as conexións marítimas internacionais coas que conta son unha grande oportunidade para as empresas galegas, que poden situar as súas mercadorías en practicamente calquera lugar do mundo desde Vigo, posicionándose globalmente e a prezos altamente competitivos

17/07/2025 | 13:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove o talento directivo a través dun proxecto pioneiro de Interim Management orientado ás pemes galegas

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou no encontro empresarial Talento que transforma: Interim Management para os retos reais das pemes galegas, no que presentou esta iniciativa destinada a incorporar directivos expertos de forma temporal 

16/07/2025 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a madeira de piñeiro galego achega un valor diferencial ás empresas de carpintería en Galicia

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou hoxe as instalacións da empresa Tec-Model Estrada, beneficiaria do programa de axudas da Xunta para a valorización de produtos en madeira

15/07/2025 | 19:40 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o valor da colaboración entre institucións e empresas como o Banco Santander para construír unha Galicia máis moderna, competitiva e cohesionada

Reivindica que os bos datos económicos galegos son froito da estabilidade e da confianza que xeran as políticas públicas e a colaboración co tecido empresarial

15/07/2025 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a aposta do programa Emega como impulso dos emprendementos femininos no eido da innovación e da tecnoloxía

Unha das modalidades que contempla o programa é Emega Innova, con apoio de ata 42.000 euros para proxectos de carácter innovador

14/07/2025 | 14:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia o compromiso das empresas do sector forestal-madeira coa seguridade e saúde laboral

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visitou hoxe as instalacións da empresa Ecowarm Galicia, que resultou beneficiaria o pasado ano do programa de axudas da Xunta neste eido

14/07/2025 | 11:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 5 M€ á nova convocatoria do programa Emega para apoiar a máis de 350 emprendementos femininos

O programa contempla catro modalidades de axuda, Emerxe, Impulsa e Innova, máis outra complementaria, Concilia; e as achegas oscilan entre os 8.000 e os 42.000 euros

12/07/2025 | 00:16 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir

Apela á cooperación entre territorios e reivindica a marca Galicia como sinónimo de calidade, identidade e ambición global

11/07/2025 | 13:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta comeza os trámites para duplicar a superficie do polígono industrial do Pousadoiro, en Vilagarcía de Arousa

A ampliación deste parque empresarial será de 212.254 m² que se suman aos 210.000 m² xa existentes