Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 527 novas da área temática Auga:

22/03/2023 | 15:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Alumnos de Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía do IES de Brión achéganse da man da Xunta ao funcionamento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra

Os estudantes de bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía-STEAMbach, visitan hoxe a planta de tratamento de augas residuais para coñecer as actuacións realizadas para mellorar o seu funcionamento, cun investimento autonómico de 16,5 M€

21/03/2023 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta analiza coas comunidades de traídas veciñais de Baleira as pautas para mellorar a autoxestión sostible e segura dos seus sistemas de abastecemento

Os técnicos de Augas de Galicia presentaron hoxe esta ferramenta que promove as accións necesarias para garantir o abastecemento de auga potable á poboación, dotándoa dun instrumento de planificación clave para a mellora deste servizo, de competencia municipal

21/03/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,66 M€ a execución das obras de mellora do saneamento municipal de Cambados

A actuación inclúe a mellora de saneamento no núcleo urbano, con novos colectores, a optimización do sistema na zona do Facho ou a mellora dos bombeos de Fefiñáns e da praza do Concello

18/03/2023 | 16:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impartirá esta semana actividades sobre a importancia da auga e o saneamento a alumnos de Educación Primaria e Secundaria co gallo do Día mundial o 22 de marzo

O obxectivo fixado para o Día Mundial da Auga deste ano é acelerar o cambio e promover a consecución da meta de “auga e saneamento para todos”, como parte da Axenda 2030

17/03/2023 | 15:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza en novos proxectos en Pontevedra, Poio e Marín para mellorar o saneamento da ría, tras investir 30 M€ cos que se evitou a sanción da UE

Teresa Gutiérrez concreta que xa están en supervisión dous proxectos de mellora do saneamento, un en Poio e outro en Marín

14/03/2023 | 16:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda coas comunidades de traídas veciñais do Concello de Mondariz as pautas para unha autoxestión sostible, segura e resiliente dos seus sistemas de abastecemento

Os técnicos de Augas de Galicia presentarán a ferramenta que promove as accións necesarias para garantir o abastecemento de auga potable á poboación, dotándoa dun instrumento de planificación clave para a mellora deste servizo, de competencia municipal

14/03/2023 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reitera o seu compromiso coa conservación das canles fluviais a través do proxecto Mil Ríos, que conta cun investimento de 5 M€

Ángeles Vázquez subliña que esta iniciativa pretende a restauración destes ámbitos, o incremento da biodiversidade e a optimización da conectividade ecolóxica

13/03/2023 | 15:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realizará un estudo de avaliación de cheiros nas novas estacións de tratamento de augas residuais de Soutomaior, Cee e Burela para minimizar o seu impacto

 Augas de Galicia vén de adxudicar este contrato, cun investimento que rolda os 18.000 euros e un prazo de execución de dous meses

13/03/2023 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
13/03/2023 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta imparte cursos sobre o aproveitamento da auga na extinción de incendios forestais

A primeira edición da iniciativa xa se impartiu na base de avións de Antela, en Xinzo de Limia, e mañá celebrarase outra no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude