Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.351 novas da área temática Cultura:

13/04/2026 | 11:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta publica a terceira edición do catálogo dixital `Danza Galicia´ con 137 espectáculos actuais de 55 compañías e artistas

Están dispoñibles en liña as versións en galego e en castelán para lle dar continuidade a esta ferramenta de promoción e contratación dirixida a responsables de teatros, auditorios, salas, circuítos e festivais dentro e fóra da Comunidade

13/04/2026 | 11:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta recuperará dous retablos no Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo

O Goberno galego licita esta intervención destinada a solucionar as deficiencias nas estruturas e soportes, nas policromías e nas bases pétreas dos retablos cunha achega de case 50.000€

12/04/2026 | 16:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre unha nova convocatoria do ‘Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura’ poñendo o foco na relación entre creación e tecnoloxía

O ‘EAN’ ofrece a 28 talentos emerxentes a oportunidade de compartir procesos, metodoloxías e inquedanzas sobre a práctica artística contemporánea

12/04/2026 | 14:01 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu compromiso co sector vitivinícola galego na XLIV Exaltación do Viño da Ulla

María José Gómez destacou que o apoio materialízase cun investimento anual de arredor de 12 M€ en axudas para modernizar cultivos e facelos máis sustentables, para a elaboración e a comercialización, así como para promoción, entre outros

11/04/2026 | 15:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta arrinca esta fin de semana a segunda edición de Campas 360

A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, destaca “o grande éxito desta iniciativa que busca tecer lazos e ofrecer propostas formativas e de lecer á nosa mocidade nos fins de semana de abril e maio”

11/04/2026 | 15:37 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca a importancia da Festa do Cocido de Porco Celta na posta en valor e recuperación das razas autóctonas galegas

A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe a esta celebración no concello de Carballedo, na que se promocionan diferentes produtos agroalimentarios amparados por selos de calidade diferenciada

11/04/2026 | 11:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Galicia Escena PRO 2026 configura unha carteleira con 32 espectáculos e proxectos de produción galega

As compañías programadas exhibirán 19 montaxes en formato completo e presentarán outras 13 propostas de próxima estrea en sesións pitching

10/04/2026 | 18:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos erixe as xornadas do ‘Abril Oteriano’ como “exemplo da vixencia e interese” polo legado cultural e intelectual do patriarca das letras

O titular de Cultura sitúa esta proposta, que conta co apoio da Xunta, como “unha das grandes citas da homenaxe que Galicia lle está a render durante este 2026”

10/04/2026 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta visita Lugo, Santiago e Ribadavia para seguir destacando o valor dos oficios con motivo dos Días Europeos da Artesanía

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a iniciativa ‘Oficios á luz do claustro’ impulsada pola Asociación Lucense de Artesáns co apoio da Xunta

10/04/2026 | 14:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta aplica un novo pavimento no adarve da Muralla no treito rehabilitado á altura da rúa do Moucho

O delegado territorial, Javier Arias, explica que forma parte dos estudos para avaliar a durabilidade, eficacia e viabilidade de novos materiais no chan do monumento