Actualidade
Buscador de novas
A Xunta convoca as axudas para a difusión e fomento do uso do software e o hardware libre en Galicia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde, dotada con 60.000 euros, dirixida ás asociacións galegas de persoas usuarias de software libre
A Xunta licita a execución do Centro de Ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, que suporá un investimento de máis de 6 M€
O Goberno galego prevé comezar as obras a principios do 2024 e poñer en marcha o novo centro en 2025, xa que os traballos teñen un prazo de 20 meses
O luns finaliza o prazo de solicitude de axudas da Xunta para dar continuidade ao labor dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia
Esta liña de apoios diríxese aos sete centros tecnolóxicos de Galicia e aos dous centros de apoio á innovación tecnolóxica que figuran no rexistro estatal do Ministerio de Ciencia e Innovación e que son un referente en España pola súa especialización, posicionamento e competitividade
A Xunta desenvolve tecnoloxías de intelixencia artificial que podan axudar na actualización do rexistro de viñedos
As tecnoloxías intelixentes facilitarán a localización de parcelas vitícolas que non teñen viñedos
Gabriel Alén destaca as actividades e a implicación da Xunta pola presenza da muller no eido tecnolóxico
Para o delegado territorial trátase de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas ás rapazas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM
A Xunta autoriza a contratación das obras do Centro de ciberseguridade de Galicia, en San Cibrao das Viñas, cun investimento de máis de 6 M€
Resalta que o obxectivo é “fortalecer a ciberseguridade na administración pública, a cidadanía e as empresas” e “promover o desenvolvemento de proxectos innovadores e de I+D neste eido”
A porcentaxe de fogares galegos con internet volveu a crecer en 2022 ata alcanzar o 92,7%
A velocidade de conexión supera os 100 Mbps no 45,4% dos fogares galegos con internet, o que significou un aumento do 51,3% no último ano.
A Xunta mantén unha xuntanza cos empresarios de Redondela sobre as axudas para a promoción da dixitalización no sector turístico
O director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, resaltou que na actualidade, a dixitalización é clave para garantir a competitividade e a sustentabilidade do sector turístico