Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 605 novas da área temática Familias:

03/10/2024 | 15:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e Acougo presentan ‘Os Bolechas. Familias acolledoras’

Trátase dun libro e un caderno de actividades protagonizado polos irmáns animados máis famosos de Galicia, que abordan esta realidade social para sensibilizar a prol dela e dinamizar o uso do galego na cativada

25/09/2024 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo anuncia na casa niño de Vilarmaior que a comarca de Betanzos contará cun novo servizo deste tipo, o que eleva a sete os centros nesta área

Ademais, e como novidade, a convocatoria deste ano incluíu unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante o tempo que dure a baixa de maternidade ou paternidade da persoa encargada do servizo. Esta axuda é para todas as casas niño

17/09/2024 | 17:11 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García lembra que desde mañá se poden solicitar as axudas do Bono Concilia Familia para o pago de campamentos ou coidadores a domicilio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica as bases que rexen a concesión deste apoio económico, dirixido a satisfacer as necesidades de conciliación que teñen as familias en momentos puntuais ou en períodos non lectivos

17/09/2024 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta o investimento de 240.000 euros no novo punto de encontro familiar de Verín, que abrirá a principios do vindeiro ano

Na actualidade está en licitación tanto o seu equipamento como a súa xestión, que estará reservada a unha entidade social especializada na atención á infancia

10/09/2024 | 18:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Corresponsables 2024 chegará a 26 federacións deportivas cun investimento de 1,7 millóns de euros para promover a conciliación e a igualdade

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a segunda resolución do Plan na que se adhiren ao programa as federacións de hóckey, squash e vela

09/09/2024 | 14:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste preto de 50.000 euros na reforma dos chans da Escola Infantil O Toxo

Galicia é a comunidade autónoma con maior ratio de escolarización en nenos de entre 0 e 3 anos e conta con máis de 32.000 prazas gratuítas

09/09/2024 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 1,6M€ en axudas ás asociacións de nais e pais para xestión do comedor escolar este curso

A Consellería de Educación abre o prazo desta convocatoria, cuxa contía se reforzou nos últimos anos, ata o 10 de outubro

07/09/2024 | 10:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Cidade da Cultura prepárase para recibir esta tarde a centos de familias nunha nova edición de ‘Cidade Imaxinaria’

O titular de Cultura do Goberno galego, José López Campos, salienta a capacidade de xerar programacións integrais para todas as idades

06/09/2024 | 12:47 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García abre un novo curso nas escolas infantís de 0-3 anos, que por terceiro ano consecutivo será gratuíto en todos os centros da comunidade

Máis de 32.000 familias galegas benefícianse desta medida á que a Xunta destina este ano máis de 60 millóns de euros de fondos autonómicos