Actualidade
Buscador de novas
Xosé Merelles destaca as boas perspectivas e resultados que apuntan á consolidación do turismo como dinamizador da economía ourensá
O director de Turismo de Galicia confía en que os novos proxectos termais supoñan o empuxe definitivo ao desenvolvemento turístico da cidade e da provincia de Ourense
Diego Calvo reúnese co novo inspector xefe adxunto da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitou a Carlos Temprano pola nova responsabilidade e desexoulle un frutífero labor no cargo que vén de asumir
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Sober
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta inicia nas residencias de maiores a campaña de vacinación fronte á gripe, que incorpora a vacina reforzada desde os 65 anos e busca chegar a 926.000 persoas de máis de 60 anos
Gómez Caamaño sinala que en Galicia hai 926.000 persoas de 60 ou máis anos como poboación diana para a vacinación fronte á gripe, e ao redor de 549.000 maiores de 70 anos, que é a poboación diana para a inmunización fronte á covid
A Xunta licita por máis de 29.600€ a instalación de pavimento podotáctil no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e no Palacio de Xustiza en Ourense
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe o expediente de contratación no que se recolle que as empresas interesadas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o vindeiro 13 de outubro
A directora da EGAP participará mañá na clausura do XI Congreso Internacional de Transparencia e Goberno Aberto na USC
O encontro, que reúne a máis de 300 persoas de 20 países, abordará durante dous días os principais desafíos actuais da transparencia, desde a intelixencia artificial e a seguridade ata a integridade e o dereito de acceso á información, entre outros temas
Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín
O lume iniciouse ás 13,36 horas do pasado xoves e afectou finalmente 518,1 hectáreas, das que 370 corresponden a superficie arborada e as 148,1 restantes a rasa