Actualidade
Buscador de novas
A Xunta patrocina 12 novos concertos de música galega no circuíto estatal AIEnRUTa con Mad Martin Trio, Eladio y Los Seres Queridos e De Ninghures
A colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude con esta iniciativa da Sociedade de Artistas Intérpretes ou Executantes garante a presenza de tres proxectos galegos en cada semestre de programación
As axudas da Xunta a rodaxes audiovisuais en Galicia distribúen 2 M€ entre seis novas películas e series
‘Dímelo en secreto’ e a segunda temporada de ‘Punto Nemo’ completaron xa a súa filmación, mentres que durante 2026 a nosa Comunidade recibirá os equipos da miniserie ‘Lobo’ e das películas ‘Operación Camarón 2’, ‘Pínkala’ e ‘Serenade’
Vigo acolle a preestrea de ’Rondallas’, a película de Daniel Sánchez Arévalo rodada en Galicia co apoio da Xunta
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompaña o equipo da longametraxe neste pase especial nos Cines Tamberlick, previo á súa chegada ás salas o vindeiro 1 de xaneiro
López Campos incide na función de Culturgal como altofalante para as novidadades culturais de Galicia
O expositor da Xunta, principal entidade financiadora da cita, acolle presentacións, obradoiros, actuacións, entrega de premios e unha instalación de realidade virtual arredor da figura de Castelao
O ‘I+P, Ideas para producir’ reúne co apoio da Xunta un centenar de axentes audiovisuais arredor de 17 proxectos de cine e televisión
A cita congrega profesionais de produtoras, canles, plataformas e empresas de referencia no mercado do sector
López Campos asina con Oliver Laxe o convenio para a promoción internacional de ‘Sirat’ na carreira dos Oscar
A Xunta de Galicia inviste 50.000 euros na campaña exterior do filme para contribuír a aumentar as súas posibilidades de chegar á fase final da 98ª edición destes galardóns
O thriller ‘A morte nos teus ollos’ desenvolve a súa rodaxe en Ponteareas co apoio da Xunta
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais visitou o equipo do filme producido polas empresas Sétima e Sideral durante unha secuencia gravada na estación de autobuses da localidade
Xunta e Agapi ofrecen unha xornada sobre dereitos audiovisuais para profesionais do sector no marco do programa formativo Galicia Profilme
A cita aborda a capacitación no ámbito da regulación, as pantallas, os mercados e os modelos de explotación
A Filmoteca de Galicia celebra os 20 anos do programa pedagóxico ‘Cinema en Curso’ cun ciclo conmemorativo
A primeira sesión terá lugar mañá pola tarde coa participación de Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos López e Ángel Santos, catro dos cineastas que veñen colaborando coa Xunta para o desenvolvemento na nosa Comunidade desta iniciativa internacional