Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.828 novas da área temática Economía:

07/07/2026 | 16:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a finais deste ano licitaranse as obras de construción do novo polígono de Ribeira

Serán case 260.000 m² de solo industrial que están dentro dos máis de 3,5 millóns de m² que a Xunta está a tramitar na provincia da Coruña

07/07/2026 | 12:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a Xunta está a desenvolver unha política industrial de anticipación para “estar preparados antes de que chegue a oportunidade”

“Os grandes investimentos non nacen o día no que se anuncian. Ese día fanse visibles, pero comezan moito antes”, din

04/07/2026 | 10:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a chegada de SAIC a Galicia abrirá novas oportunidades e consolidará á comunidade como un territorio atractivo para investir

Avanza que a próxima semana chegará a Ferrol un buque con vehículos da empresa, o que demostra que o proceso avanza a bo ritmo

03/07/2026 | 23:57 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda agradece a achega dos empresarios do exterior a unha Galicia cada vez máis moderna e competitiva

Destaca que os seis premiados na gala desta noite representan a Galicia Calidade

03/07/2026 | 15:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica o papel da biomasa dentro da cadea monte industria cunha facturación que ronda os 70 millóns de euros anuais

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou na inauguración da Asemblea Xeral do Clúster da Biomasa, que celebrou a súa sexta edición en Boqueixón, coincidindo coa feira do sector forestal Galiforest 

02/07/2026 | 14:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda reivindica o liderado tecnolóxico de Galicia para atraer talento e impulsar a competitividade do tecido produtivo

Valora a posta en marcha de infraestruturas como a de AIMEN, da cal o Goberno galego financiou o 50%, para transformar o coñecemento científico en solucións reais para o día a día

01/07/2026 | 15:56 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta por primeira vez na Oficina Económica de Galicia en Madrid as startups da BFAero ante 18 fondos de investimento

“É fundamental que poidamos utilizar a nosa Oficia Económica como escaparate de todo o que se fai en Galicia para atraer ese investimento”, di Lorenzana

30/06/2026 | 13:45 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 300.000€ para proxectos empresariais a prol da diversificación económica na contorna rural da provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que a empresa Resortes Galicia S.L. percibiu unha achega de preto de 140.000 euros da Consellería do Medio Rural, para a adquisición dunha máquina multiformer destinada á produción de resortes de tracción, torsión e conformado de arame

27/06/2026 | 14:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa en Ribadavia coa programación de obradoiros artesanais dentro do proxecto Vilas Vivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a Casa da Artesanía de Galicia, onde hoxe se realizan dous cursos de estampaxe de panos tradicionais