Actualidade
Buscador de novas
A Xunta salienta a importancia dos espazos verdes e das zonas húmidas para as políticas de adaptación dos concellos ao cambio climático
Ángeles Vázquez destaca que, grazas a unha achega da Xunta de 38.500 € que cubrirá o 80% do custo da actuación, o Concello está a acometer un proxecto de restauración ecolóxica e posta en valor desta lagoa, integrada no complexo húmido da Terra Chá
A Xunta avanza na posta en marcha do Sistema voluntario de créditos de carbono coa adxudicación do contrato da súa plataforma tecnolóxica
A previsión é que estea operativa este ano convertendo Galicia na primeira comunidade en contar cun mercado destas características que se apoia en tecnoloxías avanzadas para garantir a seguridade, a trazabilidade e o seguimento das operacións
Rueda salienta que a Xunta inicia a elaboración do futuro Plan estratéxico para reforzar a eficiencia e a garantía do abastecemento de auga en Galicia
Apunta que esta planificación actualizará o diagnóstico dos principais sistemas de abastecemento, incorporará as actuacións acometidas e en execución e identificará e priorizará as accións necesaria para adaptarse á nova realidade climática
A Xunta e o Concello de Cenlle destinan 580.000 euros á mellora das redes de abastecemento e saneamento de auga da Parroquia de Laias
Ángeles Vázquez pon a Cenlle como exemplo de responsabilidade ao facer unha auditoría sobre o estado da súa rede de abastecemento, que detectou a necesidade de renovar esta liña para garantir o servizo en cantidade e calidade
A Xunta anima aos asistentes do Festival de la Luz a actuar de xeito respectuoso co medio ambiente e levar as prácticas sostibles a todos os campos do día a día
Ángeles Vázquez participa nas actividades de ‘Van polo Clima’ que busca sensibilizar á mocidade sobre os retos ante o quecemento global nun ambiente lúdico e festivo
A Xunta colabora nun proxecto científico que estuda a orixe das especies a través do caramuxo bravo presente no Parque Nacional das Illas Atlánticas
Neste espazo protexido conviven catro formas adaptadas desta especie, denominadas ecotipos, axustados a condicións propias de cada illa
A Xunta instala 12 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos do río Masma, en Mondoñedo
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta adxudica por preto de 460.000 euros o servizo de retirada e valorización do vidro do complexo de Sogama
O obxectivo é incrementar a achega á reciclaxe coa recuperación deste material contido na fracción de rexeitamento da bolsa negra e evitar a súa vertedura
A Xunta avoga pola economía circular, a reutilización e o consumo responsable no surf co Tinglado de Pantín
Este espazo é un mercado de segunda man entre particulares que permite adquirir produtos relacionados con este deporte e avanzar na redución de residuos xerados