Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.096 novas da área temática Vivenda:

18/06/2026 | 19:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sitúa a comarca de Verín como unha das contornas máis propicias para beneficiarse das axudas á rehabilitación de vivenda dirixidas a traballadores

José González destaca que esta bisbarra ten unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, polo que anima a solicitar algunha das dúas liñas de achega dispoñibles: a primeira orientada a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda a concellos

18/06/2026 | 12:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción do proxecto e as obras de construción de 34 vivendas públicas na avenida Syra Alonso, en Santiago, cun investimento autonómico de máis de 7 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle nun mesmo bloque a redacción, dirección e obras para axilizar esta actuación e o prazo de presentación de ofertas remata o 3 de setembro

17/06/2026 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural
16/06/2026 | 18:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta anima en Monterrei a solicitar as axudas á rehabilitación de vivenda para persoas traballadoras co fin de contribuír á fixación de poboación no rural

José González sinala que a bisbarra verinesa é unha das máis propicias para o desenvolvemento da nova orde por ter unha alta porcentaxe de vivendas baleiras, polo que cómpre —dixo— tomar medidas para facer fronte a este desequilibrio

16/06/2026 | 16:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na construción doutras 14 vivendas públicas en Xuxán, na Coruña, que se sortearán no vindeiro mes de xullo

Allegue detallou que os traballos xa superan o 60% de execución e se prevé o seu remate para antes de que remate o ano

11/06/2026 | 19:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta multiplica por 5 a aportación ao Plan Estatal de Vivenda e a conselleira Allegue pide ao Goberno que faga o mesmo

Allegue destaca que Galicia asumirá o esforzo de cofinanciación do 40 % mentres reclama un maior compromiso estatal que apenas duplica a súa aportación neste novo Plan Estatal de Vivenda

10/06/2026 | 18:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Porriño urbanizará co Fondo de Cooperación Autonómico a contorna do acceso á parcela cedida á Xunta para construír 36 vivendas públicas

O Goberno autonómico concederá un préstamo sen xuros por preto de 740.000€ ao Concello para financiar a urbanización da urbanización dun treito na rúa Fernández Areal e do viario E do SUR PPR-5, que dan acceso á parcela onde se construirán as vivendas

10/06/2026 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Sober a rehabilitación dunha edificación tradicional en Portizó, que suporá un investimento de case 215.000 €

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará a primeira fase de recuperación da edificación de titularidade municipal, cun préstamo de 213.844 € do Fondo de Cooperación, a través da liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

10/06/2026 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón en Ferrol, que suporán un investimento de 10,7 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e as empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 23 de xullo