Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor a nova tenda Arroupa de Cáritas en Vilagarcía de Arousa como unha aposta polo emprego inclusivo e pola economía circular
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe na inauguración do establecemento, destacando que esta empresa de inserción recibe apoio do Goberno galego para garantir a súa actividade
A Xunta presentará a través do Issga a nova campaña ‘Dixitalización no traballo’ no marco da Semana europea para a seguridade e a saúde no traballo
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia súmase a esta iniciativa, que se celebra ata o 26 de outubro, coa posta en marcha de diferentes actividades e accións divulgativas arredor do lema ‘Traballos seguros e saudables na era dixital’
A Ribeira Sacra acollerá en novembro o encontro Ultreia dentro da aposta de Galicia como referente do emprendemento ligado ao territorio
O encontro, organizado pola Xunta de Galicia, celebrarase os vindeiros 27 e 28 de novembro no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil, na Ribeira Sacra, no marco do recoñecemento á comunidade galega como Rexión Emprendedora Europea 2025
Valentín García destaca as empresas como “eidos estratéxicos para a promoción social do galego”
O secretario xeral da Lingua participa no acto Galeguidade Empresarial, organizado coa colaboración da Xunta polo Foro Enrique Peinador, unha das entidades que participa activamente no proceso de actualización do Plan xeral de normalización da lingua
A Xunta impulsará no Carballiño un espazo único de empregabilidade que integrará a oficina de emprego e o polo de emprendemento cun orzamento de preto de 2 M€
José González avanzou que en 2026 se licitarán e poñerán en marcha as obras que permitirán o traslado da actual oficina de emprego, situada na rúa Ramón Otero Pedrayo, a un novo espazo no edificio do Centro Comarcal
Aneiros destaca a aposta do Colexio de Avogados de Ferrol pola formación continuada na inauguración dun seminario sobre dereito laboral
A delegada territorial de Ferrol participou esta mañá no acto inaugural desta iniciativa que reúne ente hoxe e mañá nas instalacións do colexio profesional a distintas voces especializadas neste ámbito
A Xunta pon en valor o manual ‘O recurso preventivo e outras vixilancias de traballos’ elaborado por Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou esta mañá en Ourense na presentación do documento
A Xunta pon en valor a aposta do ‘V Premio Cámara de Comercio-ENCE á innovación forestal’ por consolidar o emprendemento ligado ao territorio
José González gabou esta iniciativa que permite visibilizar proxectos empresariais innovadores nun sector estratéxico como é o forestal, ao tempo que contribúe a impulsar o emprendemento neste eido co foco posto nas achegas das novas xeracións