Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez lembra as medidas de apoio ao sector do castiñeiro para paliar os danos causados polos incendios forestais
A conselleira visitou hoxe a Fábrica de Castañas José Antonio Rodríguez Dosantos, onde aproveitou por destacar as oito liñas de axudas xa convocadas por Medio Rural
A Xunta recibe as primeiras solicitudes de axuda para a reconstrución das vivendas afectadas polos lumes
As primeiras peticións recibíronse de afectados dos concellos de Quiroga, Cualedro, Petín e Vilamartín de Valdeorras, e nun dos casos trátase de vivenda habitual
A conselleira María M. Allegue reúnese con propietarios de vivendas afectadas polos lumes no concello de Cualedro
Allegue desprazouse a Lamalonga e Lucenza, onde escoitou aos veciños cuxos fogares se viron afectados polos incendios e coñeceu in situ os danos nas súas casas
Medio Rural ofrece ata oito liñas de axudas para paliar os danos ocasionados polo lume en explotacións forestais, gandeiras e agrícolas
A conselleira María José Gómez visitou hoxe a Oficina Rural de Ribadavia, unha das 17 habilitadas polo Goberno galego para atender aos damnificados polos incendios forestais con información e asesoramento
A Xunta tende a man aos concellos afectados polos incendios para responder ás súas necesidades coa máxima axilidade a través das axudas para a reconstrución
As achegas do Goberno galego están exentas de tributación e as persoas beneficiarias poden solicitar na maioría das liñas anticipos do 100%
A Xunta impulsa a repoboación forestal dos montes de Vigo e a formación laboral xeradas a través dos obradoiros de emprego
A delegada da Xunta en Vigo visitou o obradoiro forestal financiado polo Goberno galego con máis de 205.000 euros
A Xunta completa as primeiras actuacións para evitar que as cinzas cheguen aos ríos de Galicia-Costa e intensificará os labores de protección fluvial
Rueda resalta que o Goberno autonómico leva semanas “traballando para previr as posibles consecuencias dos lumes” nos ríos
A Xunta pon en valor en Trazo o obradoiro de emprego dual ‘Terras de Lengüelle’ para avanzar na empregabilidade do sector forestal e de xardinería
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe no acto de clausura do obradoiro que involucra os concellos de Trazo, Cerceda, Oroso e Tordoia, ao que o Goberno galego destinou 412.000 euros
Ángeles Vázquez anima aos afectados polos incendios a solicitar desde hoxe as axudas aprobadas pola Xunta
Salienta o “esforzo” realizado para que as diferentes liñas de apoio convocadas non teñan límite económico co fin de poder chegar “a todos os afectados que cumpran”
Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 14.00 h. de hoxe
Esta mañá quedaron extinguidos os incendios de Larouco-Seadur (31.778,18 ha); Oímbra e Xinzo de Limia (A Granxa e Gudín, 23.763,65 ha); e o que afectaba a Chandrexa de Queixa e Vilariño de Conso (23.036,6 ha)