Actualidade
Buscador de novas
A Xunta ponse á disposición dos transportistas, agricultores e gandeiros galegos e reclama a intervención do goberno de España en defensa dos seus intereses
Ethel Vázquez amosou a crecente preocupación do Executivo galego diante das elevadas perdas, de millóns de euros, que trasladan os transportistas, e afeou a inacción do Ministerio de Transportes nesta crise, malia os chamados da Xunta
A Xunta recibe 12 ofertas para desenvolver catro novos contratos para a dixitalización da rede de estradas autonómicas
O obxectivo destes contratos, divididos en 4 lotes diferentes e cun orzamento global de 2,47 M€, é avanzar nas actuacións en marcha da Estratexia de dixitalización e innovación en materia de estradas de Galicia
A Xunta e o concello de Vilasantar selan a colaboración para calmar o tráfico e humanizar a travesía da AC-194 cun orzamento de preto de 169.000 euros
Reurbanizarase esta travesía urbana na contorna da Casa do Concello, no núcleo principal do municipio, nas Raposeiras, mellorando o estado do firme nese punto
A Xunta recibe 5 ofertas para executar unha nova senda na estrada AC-424 no Couto, no concello de Ponteceso
A actuación conta cun orzamento de 357.000 € e cun prazo de execución de 3 meses
A Xunta reúnese coas plataformas de persoas usuarias do tren en Galicia, que demandan solucións aos problemas de funcionamento dos servizos
Os viaxeiros frecuentes demandan a racionalización dos horarios para que se adapten ás necesidades dos viaxeiros frecuentes, así como o incremento das prazas necesarias
A Xunta publica no DOG a concesión de 253 axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías
Correspóndese coa resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, no marco dos incentivos dirixidos a autónomos e a pemes do sector
A Xunta recibe 7 ofertas para executar unha senda e unha pasarela baixo a vía do tren na estrada AC-840 no concello de Oza-Cesuras
Esta actuación suporá un investimento de 1,26 M€ e ten como obxectivo solucionar o estreitamento nesta vía, no paso baixo o ferrocarril, favorecendo a mobilidade dos usuarios vulnerables, especialmente os peóns
Arredor de 3.700 maiores de 65 anos de Betanzos poden viaxar de balde no transporte público da Xunta empregando a Tarxeta de Mobilidade de Galicia
Para acollerse a esta iniciativa, activa desde o 1 de xaneiro, os maiores de 65 anos deben dispoñer dunha tarxeta TMG, que pode adquirirse nas oficinas de Abanca, e aboar con ela as súas viaxes
A Xunta recibe 16 ofertas para executar as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo
Das 16 ofertas presentadas para realizar esta intervención, 7 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 23 empresas
A Xunta comeza as obras para a mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade da Coruña, cun investimento de 1,4 M€
Os traballos están a iniciarse en dúas paradas situadas en Larín, no concello de Arteixo, nas marxes das estrada AC-552, onde non se precisan expropiacións