Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.100 novas da área temática Vivenda:

10/06/2025 | 11:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda enxalza a folla de ruta da Xunta cara unha Galicia máis industrial, sustentable e con acceso á vivenda

Salienta a aposta do Goberno autonómico porque Galicia “siga medrando” e “non perda oportunidades”

07/06/2025 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu xa 357 axudas para facilitar a adquisición de vivenda, por un importe de 3,3M€

A conselleira salienta a boa acollida desta axuda, que a 4 meses de que se remate a convocatoria, xa case esgotou crédito que ascende a 3,8 M€

06/06/2025 | 19:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda lamenta que a conferencia de presidentes serviu para que o goberno central tivese a súa “foto” pero os galegos marchan dela sen nada

Sinala que non renuncia a chegar a acordos en materia de vivenda no caso de que o Goberno cumpra que a achega autonómica se dedique ás prioridades que estableza cada comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos para poder planificar a longo prazo

06/06/2025 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aprobou desde 2009 instrumentos de planeamento urbanístico en 92 concellos galegos

A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, subliñou no Parlamento que nestes anos aprobáronse 87 planes xerais de ordenación municipal e 5 plans básicos municipais, de xeito que se pasou de 32 concellos con planeamento a un total de 124

05/06/2025 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade de Galicia abordan os requisitos para edificar no solo rústico

A Dirección xeral de Urbanismo, xunto co Decanato do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, redacta unha circular interpretativa coa que dar seguridade xurídica e facilitar a implantación de usos no solo rústico

04/06/2025 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia en Mondoñedo as obras de rehabilitación dun inmoble para alugueiro para menores de 36 anos

Allegue pon en valor esta actuación como parte da do compromiso adquirido nesta lexislatura para facilitar o acceso á vivenda aos máis novos, tamén fóra das grandes cidades