Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.214 novas da área temática Administración pública:

13/05/2025 | 15:31 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda destaca no Foro do Noroeste a necesidade de respostas compartidas aos retos comúns de Galicia, Asturias e Castela e León

Fai fincapé na importancia dunha conectividade eficaz para o desenvolvemento do territorio, incluíndo a finalización da saída sur ferroviaria Vigo-Oporto. 

13/05/2025 | 12:58 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a fortaleza que volveu demostrar o 061 durante o apagamento, logo de atender máis de 1 millón de chamadas en 2024

Destaca que Galicia conta cun sistema “robusto e eficiente”, que achega unha resposta “áxil e próxima á cidadanía” para atender emerxencias sanitarias

13/05/2025 | 12:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia este ano ás entidades locais con máis de 8,1 M€ en axudas para a recollida separada de materia orgánica, aceites usados e residuos téxtiles

Ángeles Vázquez salienta que con estas achegas se desenvolverán 195 proxectos que inclúen accións como a compra de 18 camións adaptados para recoller e trasladar biorresiduos, máis de 2.450 contedores para estes refugallos e preto de 18.600 composteiros domésticos

13/05/2025 | 11:52 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos garante o compromiso da Xunta cos concellos e co tecido empresarial para continuar medrando e xerando riqueza e emprego

Resaltou que a Oficina Económica de Galicia, creada para ofrecer asesoramento técnico, administrativo e financeiro, atendeu no seu primeiro ano de vida máis de 800 consultas e asesorou 205 proxectos de especial relevancia

10/05/2025 | 21:21 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca o labor dos colexios profesionais para facer unha Galicia cada vez máis grande, con mellores prácticas profesionais e con máis emprego de calidade

O conselleiro de Facenda e Administración Pública asistiu á entrega dos premios á Excelencia Profesional e ao Compromiso Social da Unión Profesional de Galicia

08/05/2025 | 16:01 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pon en valor o patrón de crecemento de Galicia perante as incertezas actuais da economía

Resaltou que a senda de crecemento postpandemia de Galicia está marcada polo crecemento da demanda externa