Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 527 novas da área temática Auga:

20/02/2023 | 17:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Concello de Ferrol a vontade de pechar a colaboración para o saneamento do rural o antes posible pero advirte que para iso é imprescindible que subsane as numerosas deficiencias detectadas nos proxectos

Augas de Galicia lémbralle ao Executivo local a necesidade de ter os proxectos de saneamento do rural corrixidos e pechados, e ínstaoo a recabar os informes sectoriais para avanzar no convenio correspondente

20/02/2023 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a normativa do Plan Hidrolóxico de Galicia-Costa 2021-2027 que se fixa como obxectivo lograr que o 100% das masas de auga da conca acaden o bo estado

O Plan Hidrolóxico entrou en vigor o 10 de febreiro coa súa publicación no Boletín oficial do Estado, tras máis de 8 meses desde a súa autorización por parte do Consello da Xunta, sendo Galicia pioneira en aprobar o seu Plan de conca

19/02/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe seis ofertas para desenvolver a actualización do censo de industrias con autorización de vertedura e realizar auditorias nas redes de saneamento e en depuradoras

Mediante este contrato, licitado por máis de 1,8 M€, Augas de Galicia contará con apoio técnico para a revisión do censo de industrias obrigadas a obter autorización de vertido e para a asistencia aos concellos na elaboración dos permisos

17/02/2023 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ultima o proxecto construtivo da nova depuradora de Arcade, de acordo cos condicionantes de costas e a nova directiva europea de augas residuais

Teresa Gutiérrez detalla que ademais da nova depuradora, para unha poboación de 11.829 habitantes, se executarán un tanque de tormentas e un parque solar para o subministro de enerxía fotovoltaica

17/02/2023 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre o trámite de competencia de proxectos ante a solicitude de Sentury dunha concesión de uso do lago das Pontes asociada a unha fábrica de pneumáticos

A empresa solicita a concesión cun caudal máximo de 700 m³/día de auga do lago para o proceso industrial e consumo humano na planta de pneumáticos que prevé implantar no concello das Pontes de García Rodríguez

17/02/2023 | 12:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé finalizar no verán as obras de mellora do saneamento de Pontedeume ás que destina un investimento de 4,2 M€

Finalizadas as obras do colector, os traballos actuais céntranse na construción do tanque de tormentas, concretamente nos muros interiores da infraestrutura hidráulica
 

17/02/2023 | 12:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia foi pioneira en aprobar o Plan Hidrolóxico da demarcación Galicia-Costa 2021-2027, que recolle 212 medidas e 1.885 M€ de investimento, o 63% da Xunta

Un total de 973 M€ destinaranse a saneamento e 560 M€ a abastecemento, tendo como obxectivo lograr que o 100% das masas de auga de Galicia-Costa acaden o bo estado

10/02/2023 | 15:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Plan Hidrolóxico de Galicia costa 2021-2027 entra en vigor como unha folla de ruta para lograr o bo estado do 100% das masas de auga

O Plan Hidrolóxico recolle 212 medidas e 1.885 M€ de investimento, dos cales 973 M€ se destinarán a saneamento e 560 M€ a abastecemento

09/02/2023 | 15:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Pazos de Borbén avanzan na redacción do proxecto construtivo da rede de saneamento no lugar de Cuartos de Borbén

Acordan continuar cos traballos e completar o deseño construtivo das obras necesarias para dar solución á depuración das augas neste lugar da parroquia de Borbén

09/02/2023 | 13:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Deputación de Ourense cooperarán no financiamento do abastecemento e saneamento na Groba e As Chavolas, no concello de Ribadavia

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, e o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, comunicáronllo á alcaldesa, Noelia Rodríguez, esta mañá nunha reunión mantida no Pazo Provincial