Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.218 novas da área temática Igualdade:

05/02/2025 | 20:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor as iniciativas impulsadas polas entidades sociais destinadas á prevención da violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou que a colaboración da administración e o tecido asociativo é fundamental para lograr sociedades máis igualitarias

04/02/2025 | 18:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta suma apoios ao protocolo contra violencias sexuais e LGTBIfóbicas nunha xuntanza cos empresarios do ocio nocturno de Lalín

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero salienta a importancia de adherirse a este protocolo para garantir unha resposta rápida e coordinada ante posibles agresións

04/02/2025 | 17:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a colaboración coas tres universidades públicas para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

Na reunión cos equipos das Unidades de Igualdade acordaron seguir traballando en conxunto para a posta en marcha de novos programas orientados a promover as masculinidades igualitarias, a corresponsabilidade e a prevención da violencia de xénero

02/02/2025 | 13:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta blinda o seu apoio ao tecido asociativo con 33 M€ en axudas con cargo ao 0,7% do IRPF que benefician a 155 entidades

Fabiola García destaca que estas achegas facilitarán o desenvolvemento de 744 programas de protección da infancia, atención das persoas maiores e con discapacidade, a inclusión, a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

02/02/2025 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a construción da nova residencia e centro de día para persoas maiores de Dozón cun investimento de 1,5 M€

O centro residencial contará con 58 prazas e o de atención diúrna terá 20 destinadas ao coidado e atención dos maiores

02/02/2025 | 10:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida o apoio á contratación de mulleres en sectores masculinizados con 1,7 M€ no 2025

Como novidade este ano estas achegas inclúense no Galicia Emprega (19,7 M€) que busca incentivar a contratación nos colectivos con máis dificultades de inserción laboral e do que se poden solicitar as axudas ata o 30 de setembro

01/02/2025 | 15:28 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en marcha unha nova edición da campaña ‘Agresión off, eu digo non á violencia sexual’

O obxectivo desta iniciativa é informar á cidadanía sobre a violencia de xénero, especialmente a de carácter sexual

01/02/2025 | 11:11 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reúnese coas presidentas de Empresarias de Galicia e da Asociación de Familias e Mulleres Rurais

A conselleira de Política Social e Igualdade agradeceu o traballo de ambas entidades e acordou seguir colaborando para impulsar o papel da muller no mundo laboral

01/02/2025 | 00:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a posta en marcha de dúas novas casas do maior en Fisterra, que suman dez prazas de atención diúrna gratuíta

Estes dous novos recursos reforzan aínda máis a rede de casas do maior que supera as 140 nas catro provincias galegas

31/01/2025 | 20:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia ao equipo de ciclismo feminino Team Farto, un exemplo do impulso pola igualdade de xénero no deporte profesional

A conselleira de Política Social e Igualdade desexou o mellor dos éxitos “nunha tempada especial e chea de retos”