Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 530 novas da área temática Patrimonio:

03/04/2023 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense informa do anuncio de licitación das obras na igrexa de San Pedro de Correxais, en Vilamartín de Valdeorras, nas que a Xunta investirá máis de 127.000 euros

Gabriel Alén informou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destinará 127.160,28€, á restauración das bóvedas de cruzaría elaboradas en madeira das capelas laterais do cruceiro

31/03/2023 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro intensifica a súa programación en Semana Santa con novos obradoiros e visitas guiadas

Como novidade deste ano, realizaranse dúas exhibicións diarias para ensinar ao público asistente as técnicas para facer lume durante a Prehistoria

31/03/2023 | 12:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta acomete a humanización e embelecemento da contorna da capela de Santa Marta de Albeos, en Crecente, cunha achega de 52.000 € do Plan Hurbe

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Julio César García-Luengo, supervisaron esta actuación de mellora urbanística e estética, na que se invisten uns 100.000 € e que tamén inclúe a dotación de mobiliario urbano e vexetación

30/03/2023 | 16:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsará a restauración e posta en valor do templete de Palacios do Porriño con máis de 250.000€

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, avanzou esta colaboración nunha recente visita onde salientou o carácter “emblemático para o patrimonio galego” desta peza
 

29/03/2023 | 14:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta somete este venres a informe do Consello de Patrimonio o proxecto de demolición do edificio do Garañón

O delegado territorial, Javier Arias, subliña a celeridade dos técnicos da Delegación Territorial no estudo da documentación

28/03/2023 | 17:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá máis de 750.000 € na restauración da Concatedral de San Xiao e a igrexa das Dores

Trátase da primeira actuación do Plan Catedrais da Consellería neste templo, que consistirá na limpeza de superficies da torre, encintado e selado de xuntas así como a consolidación e reposición do capitel, entre outras

28/03/2023 | 16:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta restaurará a cuberta da igrexa de Santa María de Vilabade de Castroverde con máis de 175.000 €

Os traballos permitirán mellorar as condicións de humidade do templo, un dos máis de 700 BICS galegos, e garantir a conservación das pinturas murais do interior

25/03/2023 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste 625.000€ na rehabilitación completa do claustro da Catedral de Lugo

Esta intervención encádrase no Plan Catedrais, a folla de ruta dotada con 36M€ para que os templos catedralicios afronten a década xacobea nas mellores condicións

24/03/2023 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa en Muros un programa de obradoiros abertos para celebrar os Días Europeos da Artesanía

A xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, presentou esta mañá os obradoiros de cestería, de estampaxe e as actividades que terán lugar no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón dos días 30 e 31 de marzo e 1 e 2 de abril

21/03/2023 | 21:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a nova iluminación ornamental do Colexio dos Escolapios de Monforte contribúe a incrementar o valor deste conxunto

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na inauguración do proxecto, financiado pola Fundación Iberdrola España