Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 990 novas da área temática Vivenda:

18/03/2025 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de 64 vivendas públicas en Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,6M€

Allegue destacou que a previsión é que as obras, cun prazo de 16 meses, estean rematadas no terceiro trimestre do vindeiro 2026

17/03/2025 | 15:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a aprobación de dúas liñas de avais para a compra de vivenda, unha dirixida aos menores de 36 anos e outra para a compra de vivenda protexida sen límite de idade

Sinala que a convocatoria, por un importe de 5 M€, dá continuidade á liña pioneira lanzada pola Xunta en 2023 para facilitar a compra de vivenda aos menores de 36 anos, e engade outra liña de aval para a compra de vivenda protexida, eliminando o requisito da idade

12/03/2025 | 15:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue destaca o compromiso da Xunta para brindar oportunidades de vivenda á mocidade

Allegue salientou que só un 9,6% do orzamento para 2025 do Instituto Galego de Vivenda procede de fondos do Estado

12/03/2025 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a declaración dunha nova área Rexurbe de Galicia en Ourense, co fin de dinamizar o seu conxunto histórico e a súa contorna

A posta en marcha da Área Rexurbe busca poñer en valor practicamente a totalidade do conxunto histórico-artístico e unha zona situada entre o núcleo antigo e o río Barbaña, que conta con 3.881 habitantes, que representa o 8,8 % do total do municipio

11/03/2025 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María M. Allegue avanza que as 24 vivendas de promoción pública no Castiñeiriño, no concello de Santiago, estarán rematadas este ano

De xeito inmediato ao remate das obras, abordarase a adxudicación aos beneficiarios entre persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda

11/03/2025 | 10:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 26 ofertas para a redacción do proxecto para construír 145 vivendas públicas en Garabolos

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) licitou a redacción do proxecto e dirección de obra cun orzamento de 1M€  

07/03/2025 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa a rehabilitación dun inmoble que albergará catro novas vivendas en alugueiro accesible en Pantón

A conselleira destaca a aposta do Concello de Pantón por recuperar vivendas a través do programa da Xunta para a rehabilitación de edificios de titularidade municipal

06/03/2025 | 18:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para a rehabilitación de 4 inmobles nos centros históricos de Ourense, Tui e Ribadavia para habilitar 14 vivendas públicas

A Administración autonómica recibiu 3 ofertas para rehabilitar 2 inmobles en Ourense, outras 4 para recuperar un edificio en Tui e 5 ofertas de empresas para acometer a rehabilitación dun inmoble en Ribadavia

06/03/2025 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María M. Allegue destaca na Coruña o esforzo licitador da Xunta en vivenda e infraestructuras que acada preto de 210 M€ en tan só 11 meses

M. Allegue subliña que a un mes de cumprirse o ano de lexislatura estanse a acadar cifras récord en licitacións, con case 135M€ en materia de vivenda e preto de 76M€ en infraestruturas