Actualidade
Buscador de novas
‘Punto Nemo’ avanza na filmación en Galicia da súa segunda temporada cunha das axudas da Xunta a rodaxes audiovisuais
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de publicar a concesión dunha subvención de 350.000 euros para esta produción de Prime Video, encabezada pola compañía galega Ficción
O programa da Xunta ‘Territorio Cultura’ impulsa con 300.000 euros 12 proxectos multidisciplinares en preto de 60 concellos do rural
Publícase a concesión desta liña de axudas destinada a ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas
López Campos erixe as librarías como “espazos claves” de dinamización lectora e da economía do sector cultural
O titular de Cultura salienta que Galicia é a segunda Comunidade con máis número destes locais por habitante
A Xunta axuda ao sector editorial galego con preto de 340.000 euros
O delegado territorial en Pontevedra visitou a empresa Técnicas & Gramaxe S.L, que foi unha das máis de 50 beneficiadas por estas axudas
Valentín García enxalza “o poder dos libros na creación de imaxinarios e no uso da lingua”
O secretario xeral da Lingua entrega o V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, co que colabora a Xunta, e que este ano recoñece a Ana Rebeca Fernández
A Filmoteca de Galicia celebra os 20 anos do programa pedagóxico ‘Cinema en Curso’ cun ciclo conmemorativo
A primeira sesión terá lugar mañá pola tarde coa participación de Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos López e Ángel Santos, catro dos cineastas que veñen colaborando coa Xunta para o desenvolvemento na nosa Comunidade desta iniciativa internacional
López Campos salienta que a adaptación da Lei de Patrimonio Cultural permitirá axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz
O titular de Cultura destaca que o obxectivo destas modificacións recollidas na Lei de acompañamento aos Orzamentos é desburocratizar os procedementos e reducir así os tempos de espera por parte da cidadanía e as institucións
A Xunta e a Residencia Literaria 1863 convocan unha nova estadía de tradución para autores estranxeiros
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca con esta iniciativa contribuír á proxección exterior ao facilitar a tradución de obras en galego a outros idiomas