Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.680 novas da área temática Mar:

18/07/2025 | 16:23 | C. do Mar

Marta Villaverde e Anfaco abordan os principais retos da industria conserveira

O correcto etiquetado dos produtos veganos de imitación e a exclusión do atún do Acordo de Libre Comercio con Tailandia, asuntos abordados no encontro institucional

18/07/2025 | 16:05 | C. do Medio Rural; C. do Mar

A Xunta convocará os axentes do sector primario para facer fronte común diante das novas políticas europeas para o rural e o mar

A titular de Medio Rural explicou que se trata de xuntar esforzos para defender, unha vez máis, que a nova PAC non pode perder nin a súa natureza nin fondos, e que debe responder ás necesidades do sector primario galego

18/07/2025 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia comisa máis de 13 quilos de percebe na Coruña

Os axentes tramitaron catro actas de sanción por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia no marco dun operativo contra o furtivismo

17/07/2025 | 20:32 | C. do Mar

A Consellería do Mar impulsa a XXI Festa da Vieira de Cambados, que cada ano reúne a máis de 50.000 visitantes

A responsable autonómica destaca a importancia da celebración deste tivo de citas gastronómicas, pois contribúen a por en valor a actividade pesqueira como un dos motores económicos de Galicia

17/07/2025 | 14:35 | C. do Mar

Villaverde aborda coa comisión Mar-Industria da CEG unha resposta conxunta contra á proposta da comisión de recorte do fondo europeo da pesca

A titular de Mar enmarcou este encontro no marco do diálogo constante entre a Administración autonómica e a cadea mar-industria que sustenta o modelo de cogobernanza na xestión pesqueira da comunidade

15/07/2025 | 16:47 | C. do Mar

A sardiña ibérica da costa atlántica recupera o selo Azul de Marine Stewardship Council que certifica a súa sostibilidade

O distintivo garante ao consumidor que esta especie cumpre os tres requisitos fixados: boa saúde da poboación, mínimo impacto no ecosistema mariño e xestión eficaz e transparente da pesquería

15/07/2025 | 13:31 | C. do Mar

Mar conclúe a rexeneración do banco marisqueiro de O Bohído coa sementeira de ameixa xaponesa e babosa nunha superficie de 1,2 millóns de metros cadrados

Esta actuación inclúese no encargo de xestión a Seaga para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños por valor de 1,3M€