Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.214 novas da área temática Administración pública:

28/04/2025 | 15:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda avanza que a Xunta solicitará ao Consello Consultivo de Galicia un informe sobre o traspaso das competencias para xestionar os permisos de traballo

Resalta a importancia de mellorar a tramitación dos permisos para facilitar a incorporación de man de obra a sectores produtivos clave

28/04/2025 | 15:04 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

A Xunta convocará case 1.600 prazas de emprego público entre maio e novembro deste ano

As convocatorias corresponden a 32 procesos selectivos, dos cales 27 serán de acceso libre e cinco de promoción interna separada

26/04/2025 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 2,6 M€ en axudas a 63 concellos co fin de mellorar e adquirir puntos limpos fixos e móbiles para dar servizo a 1,5 millóns de galegos e galegas

Ángeles Vázquez salienta o éxito da última convocatoria de incentivos para garantir a correcta xestión dos residuos especiais que quedan fóra da recollida domiciliaria e anuncia unha ampliación de crédito para atender todas as solicitudes que cumpren

25/04/2025 | 17:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá case 270.000 € en renovar parte da rede de saneamento e de abastecemento de Oroso

Ángeles Vázquez explica que se aproveitarán os actuais traballos de remodelación da avenida de Grabanxa para renovar ambos servizos mediante a execución de 25 novos pozos de saneamento e o desmantelamento das canalizacións existentes

25/04/2025 | 13:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Viveiro estudan o xeito de avanzar en distintos proxectos relacionados coa xestión da auga no municipio

Augas de Galicia asumirá a elaboración do proxecto para renovar as tubaxes de distribución existentes entre a estación de tratamento de auga potable de Landrove e a estrada LU-540 para o abastecemento dos núcleos de poboación próximos

25/04/2025 | 11:38 | C. de Facenda e Administración Pública

Corgos destaca o papel do Consello Galego de Intelixencia Artificial para o asesoramento e impulso desta tecnoloxía en Galicia

O conselleiro de Facenda animou aos integrantes deste organismo a aportar melloras na planificación, xestión e avaliación das políticas públicas sobre intelixencia artificial