Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.218 novas da área temática Igualdade:

19/01/2025 | 11:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o apoio aos concellos con máis de 5,6 M€ para a consolidación dos CIMS e accións de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero

A conselleira destacou que o investimento para sufragar os custos de persoal dos CIMS aumenta este ano un 12% con respecto ao 2024

18/01/2025 | 20:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o papel das novas narrativas culturais na construción dunha Galicia máis igualitaria

María Quintiana felicita e pon en valor o traballo do equipo de Nova Galega de Danza para poñer ás mulleres no centro e visibilizar o importante papel que teñen na historia de Galicia

18/01/2025 | 13:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amosa o seu apoio a Bumei Galicia no seu traballo en favor da inclusión social das persoas máis vulnerables

O director de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu á inauguración da nova sede desta entidade en Foz, na que se impartirán itinerarios de inserción sociolaboral

18/01/2025 | 10:11 | C. de Facenda e Administración Pública

Un informe da Xunta confirma a ausencia de fenda de xénero en Galicia no ámbito da dixitalización

O 91,7% das mulleres galegas declara que utilizou a rede nos últimos tres meses, fronte ao 91,3% dos homes

18/01/2025 | 09:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recoñece o compromiso de oito centros co novo premio ‘Tolerancia cero fronte ao acoso escolar’

Na categoría de Primaria son galardoados os colexios CEIP Mestre Martínez-Alonso (Mos), CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Rianxo), CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Santiago) e CEIP de Teixeiro (Curtis)

16/01/2025 | 17:49 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia pública Torrente Ballester, recoñecida como centro libre de suxeicións

O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados

15/01/2025 | 12:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca a VIII edición do concurso de carteis para conmemorar o Día Internacional das Mulleres

O certame está destinado aos centros educativos non universitarios de Galicia e poderán enviar os seus traballos ata o 20 de febreiro

14/01/2025 | 14:06 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor o exemplo de superación de Hafsa e Ibrahima, dous adolescentes do sistema de protección que son premios extraordinarios da ESO

A conselleira felicitounos polo seu esforzo e puido coñecer as historias persoais ao tempo que agradeceu o compromiso dos profesionais que traballan nos centros de menores