Actualidade
Buscador de novas
As obras de prolongación da autovía AG-59 farán necesaria a afección ao tráfico na estrada AC-241, en Teo, a partir do vindeiro martes
A afección terá lugar no punto quilométrico 13+250 da AC-241, en Vilar, e é necesaria para a dotación da drenaxe e a reposición de servicios de baixa tensión e telefonía
A Xunta iniciará o luns o estendido da nova capa de rodaxe da AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesario cortes de calzada
Nesta nova fase intervirase na calzada dereita da autovía, dándolle continuidade á renovación extraordinaria do pavimento desta vía libre de peaxe, na que a Xunta inviste máis de 5M€
A Xunta defende a colaboración co Corpo Consular para potenciar as relacións internacionais de Galicia e o retorno das persoas galegas do exterior
José González puxo de relevo o importante traballo que realizan os consulados para facilitar o arraigamento das persoas galegas do exterior que deciden retornar á comunidade e dos cidadáns estranxeiros en Galicia
Rueda reafirma o liderado de Galicia na economía azul durante a celebración do Día Marítimo Europeo
Reivindica á nova Estratexia da Economía Azul de Galicia, unha folla de ruta ata 207 con 40 medidas que conta cun orzamento superior aos 114 millóns de euros
Lorenzana anuncia que nas vindeiras semanas entrará en funcionamento o novo servizo da Oficina Económica de Galicia especializado en defensa, seguridade e sector aeroespacial
Explica que esta medida é parte da nova Estratexia Galega do Aeroespazo, a Seguridade e a Defensa
María M. Allegue urxe ao Goberno central que convoque a Conferencia Sectorial de Vivenda
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas clausura as xornadas “La Galicia que viene” organizadas por El Español na Coruña, nas que se debateu sobre o futuro da comunidade, da man de expertos e representantes de diversos sectores económicos
Arrinca este sábado unha nova tempada dos trens turísticos coas rutas de Ribeira Sacra-Sil e dos Faros
A campaña conta con 2.530 prazas para poder gozar destas rutas que percorren concellos, paisaxes, patrimonio e natureza
A Xunta apoia a formación técnica do sector forestal para incentivar o uso da madeira como elemento construtivo
A actividade está financiada pola Administración autonómica a través da liña Xera-Savia, que facilitou a formación de máis dun milleiro de traballadores e traballadoras ao longo de 2024
A Xunta e o Colexio de Rexistradores da Propiedade de Galicia abordan os requisitos para edificar no solo rústico
A Dirección xeral de Urbanismo, xunto co Decanato do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e Bens Mobles de Galicia, redacta unha circular interpretativa coa que dar seguridade xurídica e facilitar a implantación de usos no solo rústico