Actualidade
Buscador de novas
O incremento dos límites máximos dos indicadores IPREM para que máis familias accedan a vivendas protexidas entra en vigor mañá
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia á resolución cos novos tramos do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem) de modo que os limites de ingresos para o acceso á vivenda protexida son superiores ao salario medio en Galicia
Xunta y concello de Sandiás asinan o convenio para a mellora de servizos e humanización do núcleo de Santa Ana, cun investimento de máis de 320.000 euros
Trátase de actuar neste núcleo da parroquia de Santo Estevo de Sandiás, que forma parte do contorno de protección de elementos do patrimonio cultural, e inclúe zonas concentradas e unha zona de montes en man común
A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria para marzo e maio dos actos expropiatorios para a construción do treito que culmina a autovía AG-59, entre Pontevea e O Rollo
As obras suporán un investimento de 32,3M€ e desenvolverá o segundo treito da prolongación da autovía libre de peaxe Santiago-A Estrada, desde o enlace coa AC-241, actualmente en execución entre A Ramallosa e Pontevea, ata o enlace coa PO-841
A Xunta elaborará un Plan de acción para o impulso da construción industrializada a través do Observatorio da Vivenda
A sección técnica do Observatorio mantivo a primeira reunión para abordar os traballos
Ana Ortiz destaca a nova rehabilitación no Casco Vello de Vigo para ofertar outras cinco vivendas públicas cun investimento de 1,7 millóns de euros
A presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV) visitou este xoves os traballos xa iniciados para rehabilitar o edificio de Elduayen 39/Ferrería 16
A Xunta recibe 24 ofertas para executar as obras de construción de 146 vivendas de promoción pública en Garabolos, en Lugo, que suporán un investimento de 28,2 M€
Trátase da contratación da execución de dous novos edificios, de 70 e 76 vivendas, respectivamente, que se desenvolverán na avenida Paulo Fabio Máximo
A Xunta licita por máis dun millón de euros un inmoble do século XIX do centro histórico de Tui que albergará tres novas vivendas para alugueiro para menores de 36 anos
M. Allegue puxo en valor o inmoble, do século XIX, no que a Xunta investirá preto de 1,2M€, dos que a Xunta aporta máis de 1M€ e 150.000€ son fondos europeos, que se destinará a alugueiro accesible para menores de 36 anos
A Xunta recibe 17 ofertas para a construción de 24 vivendas de promoción pública no polígono do Bertón, en Ferrol, por un investimento de máis de 6,6 M€
Trátase de executar unha edificación de nova planta para estas novas vivendas, con prazas de garaxe, 24 rochos e 3 locais, que se desenvolverá nunha das parcelas situada na rúa As Constituíntes
Belén do Campo anima aos particulares a solicitar as axudas para as áreas de rehabilitación de vivendas dos Camiños de Santiago abertas ata o 27 de febreiro
A delegada visitou unha das vivendas rehabilitadas no marco destas achegas das nove que recibiron axudas no concello de Mazaricos