Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 590 novas da área temática Auga:

02/04/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Vilardevós colaborarán na mellora do saneamento e do abastecemento de enxames, que suporá un investimento de 1,13 M€

O proxecto xa está entregado e recolle as actuacións nos ramais principal e norte da rede de saneamento e para a dotación de servizo de abastecemento a 131 vivendas, coa previsión da súa execución por fases

31/03/2023 | 18:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta dota ao Concello de Cerdedo-Cotobade dun Plan de abastecemento autónomo para mellorar a autoxestión sostible e segura das traídas veciñais

Esta ferramenta recolle as accións necesarias para garantir o abastecemento de auga potable á poboación, sendo un instrumento de planificación clave para a mellora deste servizo, de competencia municipal

31/03/2023 | 18:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/03/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de ampliación da rede de saneamento na Gradeira, no concello de Toén

Augas de Galicia vén de entregarlle estas infraestruturas hidráulicas ao Concello

31/03/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de reparación do sistema de bombeo no regueiro Trancoso, no concello de Riós

Augas de Galicia fixo entrega destas infraestruturas hidráulicas á Administración local

28/03/2023 | 19:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a ampliación e acondicionamento do local da asociación de veciños Nosos Aires da Riba

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo, visitou os traballos realizados ao abeiro do plan específico de acción comunitaria

28/03/2023 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede axudas a 50 concellos para auditar as súas redes de saneamento, mobilizando un investimento de máis de 700.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a listaxe dos incentivos outorgados a municipios de ata 50.000 habitantes para que poidan identificar os problemas das redes, as entradas de augas brancas ou os puntos de alivio nos seus sistemas de saneamento

27/03/2023 | 14:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de mellora do saneamento do municipio de Pontecesures para atallar as verteduras ao rego carreiras

Estes traballos forman parte da colaboración entre a Xunta e o Concello para o desenvolvemento dun plan de actuacións para mellorar o saneamento no municipio e eliminar o 90 % dos vertidos ao río Ulla, cun investimento de 390.000 euros

24/03/2023 | 15:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 700.000 € o contrato para a sinalización e a divulgación das áreas con risco de inundación da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

Os traballos, que terán un prazo de desenvolvemento de 12 meses, reforzarán a concienciación sobre o risco de asolagamentos, incrementando o coñecemento sobre o comportamento natural dos ríos e a influencia das accións dos cidadáns

24/03/2023 | 15:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta imparte talleres no CEIP Ponte do Porto de Camariñas para afondar no uso responsable da auga e nas boas prácticas para evitar a contaminación

O alumnado de 1º e 2º de Primaria coñeceu a importancia da auga para a vida e a necesidade de protexela, ademais do funcionamento e características dunha depuradora