Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.940 novas da área temática Cultura:

07/11/2025 | 13:53 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos pon en valor as vantaxes da adaptación da Lei de patrimonio cultural ao permitir axilizar trámites e garantir unha protección máis eficaz

O titular de Cultura salienta que o obxectivo destas modificacións recollidas na Lei de acompañamento aos Orzamentos é desburocratizar os procedementos e reducir así os tempos de espera por parte da cidadanía e as institucións

07/11/2025 | 13:40 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta impulsará a creación dixital no encontro de artistas novos coa incorporación de Chus Martínez

Tras quince edicións, a iniciativa abre unha nova etapa na que se procurará unha maior conexión co Centro de Artes Dixitais que se está a construír no Gaiás

06/11/2025 | 19:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos salienta a relevancia da pegada académica e sociocultural para Galicia que Ángel Luis Hueso traza no seu libro ‘Retallos de cine’

O volume recolle medio século de evolución do ensino e dinamización cinematográfica a través da traxectoria vital e profesional do profesor, con especial dedicación á época na que impartiu Historia do Cine na universidade compostelá  

06/11/2025 | 19:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo convida a “repensar o cotián da man de Eugenio Granell”

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle esta mostra inspirada na figura do surrealista coruñés que explora a relación do artista co mundo material, a memoria e a creatividade

06/11/2025 | 16:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Os Premios da Cultura Galega 2025 recaen na Editorial Galaxia, a Bienal de Pontevedra, a mostra de Teatro Cómico de Cangas, as Bodegas Martín Códax, Baños Films, a campaña ‘Aquí tamén se fala’, Antón Corral e o programa radiofónico ‘Sempre en Galicia’

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

06/11/2025 | 12:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebra o décimo aniversario da apertura da sede expositiva do Museo das Peregrinacións con obradoiros, música e danza durante a fin de semana

López Campos salienta o papel que desenvolve na Rede museística de Galicia co “pulo de contar cunha edificio carismático”, remodelado por Gallego Jorreto

05/11/2025 | 19:22 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca o poder da arte xaponesa para “fomentar o diálogo intercultural”

O Museo do Mar de Galicia acolle ata o 25 de xaneiro esta mostra que se achega á cultura nipoa a través dos gravados coñecidos co nome de Ukiyo-e

05/11/2025 | 16:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García gaba “as iniciativas locais que seguen a celebrar o ‘Ano Castelao’ co apoio da Xunta”

O secretario xeral da Lingua participa na Coruña na presentación das xornadas ‘Castelao e o seu tempo’, que inclúen varios relatorios sobre unha das figuras máis destacadas da cultura galega e coas que colabora o Goberno galego

05/11/2025 | 16:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego coproduce en Portugal o espectáculo ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’ que se estrea no Porto

O Rivoli do Teatro Municipal do Porto acolle os días 7 e 8 as primeiras funcións desta montaxe, que en decembro poderá verse tamén en Lisboa e Santiago de Compostela