Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.743 novas da área temática Emprego:

23/12/2025 | 14:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reforza no marco da Rede de polos o seu compromiso coas iniciativas de base tecnolóxica tras ter promovido a constitución de máis de 400 en Galicia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou en Melide nun encontro de proxectos tecnolóxicos impulsados desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que leva atendido máis de 5.300 iniciativas

23/12/2025 | 11:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar as novas axudas para facilitar a persoas sen traballo a asistencia a accións formativas para o emprego

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia a través desta convocatoria gastos de desprazamento, manutención, aloxamento ou conciliación co gallo de apoiar a participación nas accións formativas que impulsa no período 2025-2026

19/12/2025 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o labor da Fundación Amigos de Galicia na integración laboral de persoas que se atopan en risco de exclusión

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asistiron á inauguración da aula de formación impulsada pola entidade

17/12/2025 | 18:55 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mobilizará en 2026 preto de 41 M€ a prol das persoas autónomas e apela ao Goberno a reducir cargas e xerar máis seguridade xurídica no colectivo

González destacou que as últimas medidas do Executivo estatal complican o labor diario de pemes e autónomos, que representan o 99,8 % do tecido produtivo galego, ao incrementar trabas e xerar incerteza normativa

17/12/2025 | 15:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Fundación Artesanía de Galicia e o torneiro tomiñés Aitor Martínez resultan gañadores nos Premios Nacionais de Artesanía 2025

O torneiro Aitor Martínez acadou o Premio Produto pola súa colección Mundos e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o Premio Promociona Entidades Públicas polo seu proxecto pioneiro en España Artesanía no Prato

17/12/2025 | 15:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía dentro da colaboración público-privada polo emprendemento e o emprego

José González puxo de relevo a aposta da Cámara pontevedresa pola formación en beneficio das persoas desempregadas ou do comercio local, así como a súa implicación á hora de brindar oportunidades profesionais ás novas xeracións

13/12/2025 | 20:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a futura Estratexia de emprendemento e a orde única de axudas dotada de 41 M€ como piares do apoio ao traballo autónomo en 2026

José González pon en valor o peso deste colectivo no mercado laboral galego, con máis de 212.300 afiliados, o que sitúa Galicia como a terceira comunidade con maior proporción de emprego por conta propia, case catro puntos por riba da media estatal

12/12/2025 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo os 10 anos que cumpre o programa ‘Galicia Camiño Emprendedor’ co gallo de darlle un pulo ao traballo por conta propia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais percorreu hoxe parte da última etapa da edición de 2025 desta iniciativa autonómica de mentorización, que concluíu cun acto en Santiago de Compostela para conmemorar o seu décimo aniversario