Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.947 novas da área temática Infraestruturas:

22/10/2025 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo supervisa as obras de reforzo de firme na estrada AC-231 ao seu paso por Sobrado que contan cun investimento de preto de 350.000€

A delegada da Xunta visitou as zonas que se arranxarán nesta estrada para garantir a súa funcionalidade e seguridade viaria

21/10/2025 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María Deza Martínez toma posesión como directora da Axencia Galega de Infraestruturas

Allegue deu a benvida á nova directora da AXI, María Deza, e destacou o seu traballo, compromiso e capacidade xerencial para afrontar a nova responsabilidade

20/10/2025 | 19:13 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina máis de 95 M€ en actuacións clave nos concellos da área de influencia de Pontevedra, Caldas e O Morrazo cunha aposta histórica polo desenvolvemento das infraestruturas

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a área de influencia de Pontevedra, O Morrazo y Caldas, que inclúen unha importante partida para a promoción de vivenda pública e a sanidade

20/10/2025 | 18:57 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina preto de 22 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Deza-Tabeirós cunha aposta histórica polo desenvolvemento das infraestruturas

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para a autovía AG-59, así como a nova Edar de Lalín ou a ampliación dos parques empresariais de Toedo e Lalín 2000

20/10/2025 | 15:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta prevé 32 M€ para infraestruturas viarias na provincia de Ourense

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas salienta que estas actuacións amosan o compromiso do Executivo autonómico “con vertebrar Galicia, dinamizar o rural e comunicar a comunidade con Portugal”

20/10/2025 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ortiz supervisa o inicio das obras de reforzo do firme en tres estradas autonómicas cun investimento de 2M€

A delegada territorial da Xunta de Galicia na área de Vigo visitou a estrada PO-342 xunto á alcaldesa de Salvaterra de Miño

20/10/2025 | 12:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un total de 29 actuacións por máis de 4 M€ en 25 centros educativos de Ferrolterra

 A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, deu conta deste balance durante unha visita realizada esta mañá ao CEIP Ponte de Xuvia, en Narón

19/10/2025 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña

A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.

19/10/2025 | 10:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta proseguirá o luns os traballos de limpeza e roza nas marxes de oito estradas autonómicas ao seu paso por once municipios das catro provincias

Continuaranse con estas tarefas en vías de titularidade da Xunta nos seus distintos percorridos polos concellos de Carnota, Teo, Brión, Coristanco, Bóveda, Ourense, A Arnoia, Cortegada, Barro, Moaña e Cangas