Actualidade
Buscador de novas
Unha xornada de difusión amosará este mércores 28 a restauración da Capela das Reliquias da igrexa do Colexio do Cardeal, en Monforte
Cun investimento de máis de 100.000 €, está previsto que a intervención remate este verán
A Xunta licita por máis de 300.000€ a restauración da Igrexa de Santa María de Sacos en Cerdedo-Cotobade
O obxectivo da actuación, cun prazo de seis meses, é corrixir alteracións e resolver as patoloxías producidas polas inclemencias meteorolóxicas o paso do tempo
A Xunta licita obras de restauración da capela da Soidade de Lugo, cun orzamento de 186.700 euros
Corrixiranse problemas causados pola humidade e actuarase sobre os pavimentos, paramentos exteriores e interiores e carpinterías
A Xunta amplía a investigación e posta en valor do xacemento de Río Caldo de Lobios cunha nova campaña
Está previsto que os traballos que dan continuidade á intervención realizada no ano 2021 comecen esta semana co obxectivo de mellorar a conservación desta área
A Xunta impulsa unha nova campaña subacuática no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia en Ribadeo
A intervención promovida pola Consellería de Cultura conta coa participación de investigadores da Universidade Nova de Lisboa e da Universidade de Southampton
A Xunta colabora na promoción do Museo Galego do Ferrocarril cun investimento de 30.000€
O obxectivo do acordo é o mantemento do patrimonio industrial ferroviario do museo, con sede en Monforte de Lemos, promocionar as actividades de exhibición dos seus fondos e difundir os beneficios socioeconómicos e ambientais deste medio de transporte
Unha xornada de difusión amosará o venres 16 a restauración dos murais da igrexa San Vicenzo dos Vilares de Guitiriz
A cita terá lugar a partir das 16,00 horas e contará coa participación dos profesionais da empresa CREA Restauración, responsable das obras
Tres profesionais de Artesanía de Galicia participarán en setembro na 13 edición da Bienal de Cheongju, en Corea do Sur
As pezas da cesteira Idoia Cuesta (Outeiro de Rei), da ceramista Marta Armada (Vigo) e da artesá especializada na escultura téxtil Mercedes Vicente (Brión), formarán parte da colección “Soul+Matter”, a proposta de artesanía española impulsada por Fundesarte
A Xunta retoma a campaña A artesanía di moito de ti para impulsar a comercialización do produto artesán galego
A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación impulsa a segunda edición desta iniciativa dirixida ás tendas adheridas á marca Artesanía de Galicia e coa que se busca impulsar a posta en valor do produto artesán e da marca Artesanía de Galicia entre o comercio de proximidade
Artesanía de Galicia debate en Sevilla sobre os diferentes instrumentos para impulsar o sector
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou esta mañá en Sevilla nunha nova reunión do Observatorio Nacional de Artesanía, un foro no que participan as administracións públicas de toda España